CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

luns, 19 de decembro de 2011

GALEGOS, ASTURCÓNS E GARRANOS; PRIMOS HERMANOS

Falamos dos cabalos galegos, do asturcóns e dos garranos. Todos proveñen da mesma orixe, dos mesmos montes... Ao igual que o cabalo español, o lusitano e o menorquín.

Achegamos as ligazóns dos sitios webs das respectivas asociacións veciñas e catro vídeos (dous de cabalos galegos para harmonizar a cor das capas) para que comparedes:

ACPRA - ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE PONIS DE RAZA ASTURCÓN

ACERG - ASOCIAÇAO DE CRIADORES DE EQUINOS DE RAÇA GARRANA

Galegos:


Asturcóns:

Garranos:


xoves, 15 de decembro de 2011

DO 8 AO 10 DE MARZO DE 2012, VAI TER LUGAR EN SILLEDA GANDAGRO

No mes de marzo do ano que entra, vaise levar a cabo o II Salón Monográfico da Gadería e da Agricultura en Silleda no recinto feiral internacional de Galicia. Trátase dun espazo expositivo único que nesta segunda edición mantén a súa formulación efectiva, unir oferta e demanda nun marco idóneo para o intercambio comercial e aglutinar as últimas novidades orientadas a aumentar a competitividade. Todo isto coa implicación de practicamente todas as entidades e colectivos relacionados.

Negocio, innovación, sostenibilidade e transferencia de coñecementos serán así os eixos que en GandAgro 2012 garantirán a rendabilidade de participación dos/as expositores/as e a satisfacción das persoas que o visiten.

Entre os elementos do salón, o/a visitante poderá gozar da exposición de formidables exemplares de cabalos PRG entre o gando autóctono galego.

GANDAGRO

martes, 13 de decembro de 2011

O PRG, TEMA CENTRAL DUN NOVO DOCUMENTAL

Dúas alumnas de Comunicación Audiovisual da Coruña, Ana Bost e Cristina González, están preparando como proxecto final de carreira un  documental sobre o PRG.
 
Dinnos estas dúas especialistas do audiovisual que a predilección de facelo sobre o cabalo sempre a tiveron e que ao principio non sabían como enfocalo, pero despois de conseguir información e de coñecer a persoas como Antón de Puraga e Xacobo de APRCG, que se ofreceron a axudalas e lles deron máis ideas, empezaron a pensar en centralo no cabalo de pura raza.

Agora mesmo o traballo está en proceso de elaboración e agardamos velo pronto. MOITA SORTE.

Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.