CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

sábado, 26 de abril de 2014

QUENTANDO MOTORES PARA A SEMANA VERDE DE SILLEDA

Como xa é máis ca habitual, Silleda estase a converter (se non o é xa) no certame máis importante para os criadores de cabalos de Pura Raza Galega. A boa organización, a práctica imparcialidade dos xuíces no xulgamento dos cabalos e o valor económico e prestixioso dos premios confírenlle as cinco estrelas de máximo valor.

A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) vén de comunicar e confirmar que este ano, a pesar da crise e dos tesoirazos dos recortes, volverá a haber concurso. Iso si, aínda non está fixado nin o día nin a hora pero xa avisarán. Iso si, será entre o 12 e o 15 de xuño. Preme AQUÍ para consultar a información da Semana Verde.

Aquí van as fotos dos gañadores do ano pasado: Perla de José María Costa Blanco e Jalisco de Marcelino Freire Abad

venres, 25 de abril de 2014

A COPA, COMA SEMPRE, NO CAMIÑO DO DESCRÉDITO (SE AÍNDA LLE QUEDA ALGO)


A Asociación Pura Raza Cabalo Galego segue incluíndo animais que non pertencen á raza nos seus concursos. É certo que a Xunta sacoulle á oficialidade aos seus certames, mais así non cremos que a recuperen. Tanto en Padrón coma en Noia, nas dúas primeiras probas puntuables para o dito campionato, admitiron dúas eguas sen pasaporte de pureza racial. Pode que sexa pola escaseza de cabalos que se veñen presentando aos seus concursos xa que só dous, como moito tres, criadores seguen de forma continuada esta competición.

Dende que esta asociación botou a andar estes concursos, o descenso do número de participantes foi a pique e non por motivo da crise económica. De 9 ou 10 criadores que se presentaban aló polo ano 2005, pasouse a 2.

Asemade, segue presentando cabalos da propia asociación e levando premios de forma inxusta. É certo que capou a un bo número de exemplares e agora só presenta un pero no concurso de Noia incluso premiou un cabalo co rabo abrancazado cando o prototipo racial di claramente que as despigmentacións de capa penalizan ou incluso son motivo de total exclusión na raza. Na entrega de premios, o premio foi recollido cun cabalo totalmente distinto e xa non se notou o problema.

Por outra banda, fai exhibicións de doma con dous cabalos que teñen o rabo medio branco. Por favor, aínda que estean castrados e non crien con eles, que llelos corten.

Xa que logo, cremos que esta situación de "abuso de poder" ou de "promocionar unha raza de forma fraudulenta e a calquera prezo" debería de ser tida en conta polas administracións que subvencionan toda esta falsa parafernalia que, no canto de fomentar, desvirtúa todo o traballo serio que se pode facer.

Por último, botamos en falta que a Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga), que é a única entidade recoñecida oficialmente como xestora do Libro de Rexistro Xenealóxico para o Cabalo de Pura Raza Galega, non tome cartas no asunto e denuncie ou xestione esta situación.

xoves, 24 de abril de 2014

EXHIBICIÓNS DE DOMA, MAÑÁ NO SAN MARCOS DE NOIA (DÍA 25 DE ABRIL) E O LUNS NO SAN TELMO DE TUI (28 DE ABRIL)

A sección de doma de alta escola da Asociación Pura Raza Cabalo Galego actuará mañá en Noia e o luns en Tui con distintas acrobacias que deixarán o público encantado.


mércores, 16 de abril de 2014

PRG DE CHOCOLATE EN SEMANA SANTA

O mestre confeiteiro Jesús Veiga elaborou esta obra de arte sen saber que son cabalos PRG pola súa fermosura e pola súa emblematicidade. Podedes ampliar a noticia AQUÍ.


martes, 1 de abril de 2014

ESTE DOMINGO, EXHIBICIÓN DE DOMA DE ALTA ESCOLA CON PRG EN VALDRÁNS (TUI)

Este domingo, día 6 de abril, haberá unha exhibición da Sección de Doma de Alta Escola da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Achegámosvos o programa. Nel fala dos exercicios que farán: o tándem e a doma en liberdade pero non especifica a hora. Entendemos que será despois da xincana, que é ás 17.00 h. Na Radio Municipal de Tui tampouco especifican a hora no seu anuncio. Podedes escoitar AQUÍ a radio na que repiten o anuncio a cada pouco.


Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.