Surfeando na rede sempre se atopan cousiñas moi interesantes e atopei isto:
- Un blog sobre películas que teñen como protagonistas a cabalos:
http://www.cineycaballos.blogspot.com.es/
- Outro sobre os cabalos en xeral:
http://acaballoourense.blogspot.com.es/
- E estes dous sobre rutas, concursos, etc. en Galicia:
http://ostrotamundosdeagolada.blogspot.com.es/
http://cabaleirosdotambre.blogspot.com.es/
Tres deles xa os coñecía e tan só quería que souberades que existen e que están xeniais.
Toda a actualidade sobre o PRG: concursos morfolóxicos, ligazóns de interese, vídeos, fotos, noticias, bibliografía, etc. / Everything about Galician Horse Breed: morphological competitions, interesting links, videos, photos, news, bibliography, and so on.
CARACTERÍSTICAS DO PRG
mércores, 9 de xaneiro de 2013
venres, 28 de decembro de 2012
MENTRES A MEIRANDE PARTE DO PLANETA BAILA O "BAILE DO CABALO", O NÚMERO DE EQUINOS DESCENDE DÍA TRAS DÍA
Mentres millóns e millós de persoas bailan o "gangnam style" na prensa diaria seguimos atopando noticias con titulares como: "El número de caballos lusitanos sacrificados en Portugal sube de forma alarmante". E isto non sucede só cos lusitanos, senón tamén, cos galegos, cos españois...
xoves, 1 de novembro de 2012
GADIS USA UN CABALO PRG E OUTROS DOUS DO PAÍS NO SEU ÚLTIMO ANUNCIO
Dá gusto ver como unha empresa galega fai país e promociona e aposta polo noso. O cabalo (ou egua, xa que é difícil de saber) negro, é un prg (dos máis baixiños) e os outros podemos catalogalos do país xa que pola capa non poden ser PRG.
sábado, 20 de outubro de 2012
PORTEÑO E TÁMEGA GAÑAN, DUN XEITO POLÉMICO, A COPA
Hoxe tivo lugar a final da Copa Galicia PRG, unha das máis polémicas dos últimos anos.
Porteño, un cabalo que é propiedade da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, gaña a Copa Galicia PRG un certame que organiza esta mesma asociación. Ademais, dese, premiou outros tres cabalos máis dos que son propietarios.
A sección de eguas tampouco estivo libre de sospeita de "favoritismos" debido a que gañou Támega, unha egua que chegaba de segunda á final e só gañou un concurso en todo o ano e quedou segunda a femia que, tanto o ano pasado coma este, chegaba de primeira á final e que gañou, na presente edición, tres das 4 probas ás que se presentou. Ao parecer, e segundo comentaban boa parte dos criadores que se presentaron ao certame, o propietario da egua gañadora é "íntimo amigo" do coordinador da asociación. Tanto é así que lle deixaron presentar unha egua sen pasaporte de cabalo PRG durante todo o campionato. Ademais, levou outros tres dos premios do campionato. O terceiro premio nas eguas tamén foi para a propia asociación.

martes, 9 de outubro de 2012
IMPLEMENTAR O PROGRAMA SANITARIO, ADQUIRIR POLDROS POLO CONVENIO E REDUCIR O PREZO DE IDENTIFICACIÓN SON AS ÚLTIMAS DECISIÓNS DE PURAGA
Logo de levar a cabo a última asemblea, a Asociación de Criadores de Cabalos PRG (Puraga) decidiu levar a cabo a implementación do programa sanitario no que os socios só pagarán un prezo simbólico polos desparasitadores, a adquisición de 12 poldros e poldras de entre 6 e 36 meses a través do convenio de recría e testaxe que a asociación ten asinado coa Xunta de Galicia e a redución do prezo na identificación do prezo de identificación:
- Identificación por cada exemplar PRG cun microchip: 15 €
- Valoración dun exemplar PRG: 5 €
- Identificación de animais cruzados: 25 €
- Identificación por cada exemplar PRG cun microchip: 15 €
- Valoración dun exemplar PRG: 5 €
- Identificación de animais cruzados: 25 €
sábado, 6 de outubro de 2012
AFOGA O CAMPIONATO E MANTENSE A COPA
Ao final a Asociación de Criadores de Cabalos PRG (Puraga) non realizará o concurso de Expolugo no que se desenvolvería a final do Campionato Morfolóxico Oficial PRG nin ningún concurso máis no 2012.
A verdade é que esta situación contrasta co ano pasado, no que organizou 7 probas. É unha verdadeira mágoa que a asociación que ten no seu poder o libro xeneolóxico do cabalo PRG non faga concursos para fomentar e mostrar os novos produtos dos criadores e trátase de algo moi negativo tanto para ela como para a propia raza.
Menos mal que existe outro campionato que, aínde que non é oficial (os xuíces e xuízas si que o son), posúe unha continuidade moito máis seria e constante. Esta competición é a Copa Galicia, que organiza a Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Tanto o ano pasado coma este organizou 8 probas puntuables.

martes, 25 de setembro de 2012
TRALAS FERRADURAS GALEGAS, O PRIMEIRO DOCUMENTAL SOBRE O PRG
As dúas alumnas de Comunicación Audiovisual da Coruña, Ana Bost e Cristina González, das que vos falabamos a finais do 2011, acaban de presentar o primeiro documental sobre o PRG.
Colgámosvos o enlace á súa web:
Alí aparece o tráiler, un extracto do documental de tres minutos e galerias de fotos.
Ademais tamén teñen páxina en facebook, chámase como o documental Tralas ferraduras galegas e ten un enlace na parte superior da páxina á web.
O documental xa recibiu as súas primeiras crítica e, a verdade, é que foron moi boas.
Espero que vos guste e moitos parabéns a Ana e a Cristina.
Os tráiters podedes velos tamén aquí nas ligazóns de Youtube.
Xa vos diremos como conseguilo completo. Podedes acceder tamén ao grupo de facebook en: http://es-la.facebook.com/pages/Tralas-Ferraduras-Galegas/404428969614515
Xa vos diremos como conseguilo completo. Podedes acceder tamén ao grupo de facebook en: http://es-la.facebook.com/pages/Tralas-Ferraduras-Galegas/404428969614515
domingo, 17 de xuño de 2012
RESULTADOS DAS PROBAS DO CAMPIONATO OFICIAL PRG 2012
1ª PROBA-SILLEDA (16/06/2012)
Machos: Jalisco (), Mouro do Couto (), Loutón (), Tarrío () e Alecrín ()
Femias: Galaxia de Oza (), Perla (), Lúa VII (), Támega (), ¿? ()
CAMPIÓN: Jalisco
SUBCAMPIÓN: Mouro do Couto
CAMPIOA: Galaxia de Oza
SUBCAMPIOA: Perla
sábado, 5 de maio de 2012
OS PRG BEN COIDADOS E MONTADOS INCREMENTAN O SEU VALOR CONSIDERABLEMENTE
A verdade é que hai poucos cabalos e eguas PRG puros (con documentación de pura raza) dispoñibles á venda que teñan unha aparencia ben coidada e que estean amansados e montados. Isto fai que os poucos que se atopan, unido á súa formidable resistencia e fortaleza e indiscutible multifuncionalidade, acaden un valor especial no mercado. Entra AQUÍ e poderás comprobalo.
Non digamos xa, cando destacan un pouco máis no deporte, na doma, etc. onde o valor se multiplica por nove e se falan de cifras de 18 000 €. Entra agora AQUÍ.
Con isto, ten que ver tamén o que nos dicía o coordinador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, que un dos cabalos que teñen para a doma non o vendían nin por 12 000 €. Claro, trátase dun semental enteiro e picado que fai doma en liberdade como se estivese capado. Podes ver un vídeo seu AQUÍ.

mércores, 25 de abril de 2012
PURAGA CEDE CABALOS E EGUAS PRG PARA DEPORTE E PICADEIROS EN XERAL
A Asociación de Criadores de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega (Puraga) ten un programa de cesión de cabalos e eguas PRG para picadeiros, asociacións e, incluso, particulares que queiran usar estes animais, sobre todo, con finalidade deportiva. Para quen poida estar interesado/a pode contactar con ela no seu sitio web.
xoves, 12 de abril de 2012
GUILLERMO E OS PRG
Se entrades AQUÍ, podedes ver un capítulo do programa da TVG "Cos pés na terra". Entre outras cousas, poderedes ver como Guillermo, un administrativo de profesión, compaxina o seu traballo co coidado e doma de cabalos PRG.
luns, 2 de abril de 2012
RESULTADOS DAS PROBAS DA COPA GALICIA 2012
1ª Proba PADRÓN-Pascua (08/04/2012)
SEMENTAIS: Trisquel (67,3), Porteño (66,6) e Jalisco (65,3)
EGUAS: Terra I (59,2), Támega (58,4), Galaxia de Oza (56,9)
2ª Proba TUI-San Telmo (16/04/2012)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
3ª Proba NOIA-San Marcos (25/04/2012)
SEMENTAIS: Jalisco (67), Porteño (65), Vilariño (64,5)
EGUAS: Terra I (65,5), Regavella (64,5), Támega (64)
4ª Proba SANTIAGO-Ascensión (17/05/2012)
SEMENTAIS: Tarrío (68), Trisquel (67), Porteño (66)
EGUAS: Regavella (70), Támega (67,5), Furia de Oza (63,5)
Premio especial (Copa Dragons de Santiago): Regavella (70)
5ª Proba PONTECALDELAS-Hípica Amazonas (20/05/2012)
SEMENTAIS: Porteño (65,5), Jalisco (62,75), Cotros (60,5)
EGUAS: Támega (68), Lúa VII (64,5), Regavella (64,5)
6ª Proba LUGO-Equigal (09/06/2012)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
7ª Proba TEIXEIRO-Festa do Cabalo (05/08/2012)
SEMENTAIS: Porteño (80,5), Jalisco (74,3), Artes (67,1)
EGUAS: Furia VI (80,25), Támega (73,94), Mora VIII (65,9)
8ª Proba MELIDE-Festa Cabalar do Bocelo (11/08/2012)
SEMENTAIS: Jalisco (), Artes (), Porteño ()
EGUAS: Furia VI (), Regavella (), Lúa VII ()
9ª Proba VALADOURO-Equiouro (22/09/2012)
SEMENTAIS: Jalisco (), Porteño (), Tarrío ()
EGUAS: Furia VI (), Regavella (), Lúa VII ()
10ª Proba LUGO-Expolugo (06/10/2012)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
11ª Proba MONDOÑEDO-As San Lucas (20/10/2012) - FINAL DA COPA GALICIA
SEMENTAIS: Porteño (), Jalisco (), Trisquel ()
EGUAS: Támega (), Furia VI (), Regavella ()
CAMPIÓN DA COPA 2012: Porteño
SUBCAMPIÓN DA COPA 2012: Jalisco
CAMPIOA DA COPA 2012: Támega
SUBCAMPIOA DA COPA 2012: Furia VI
Info máis detallada AQUÍ
venres, 9 de marzo de 2012
ANTES FALAMOS, ANTES APARECEN
Xa temos as datas das probas puntuables para a Copa Galicia 2012 para cabalos e eguas PRG. Atención criadores e criadoras ide preparando ben camións e remolques porque será un total de 11 probas as que se van desenvolver neste campionato. Aumenta así en 4 concursos con respecto a 2011. Os días e lugares son:
- 8 de abril: Pascua en Padrón (A Coruña)
- 16 de abril: San Telmo en Tui (Pontevedra)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
- 25 de abril: San Marcos en Noia (A Coruña)
- 17 de maio: A Ascensión en Santiago de Compostela (A Coruña)
- 20 de maio: Festa Cabalar da Insua en Pontecaldelas (Pontevedra)
- 9 de xuño: Equigal, Salón do Cabalo de Galicia en Lugo (Lugo)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
- 5 de agosto: Festa Cabalar de Teixeiro (A Coruña)
- 11 de agosto: Festa Cabalar do Bocelo en Melide (A Coruña)
- 1 de setembro: Equiouro 2012 no Valadouro (Lugo)
- 6 de outubro: Expolugo en Lugo (Lugo)
- 14 de outubro: Final da Copa Galicia nas San Lucas en Mondoñedo (Lugo)
Isto non deixa de ser un adianto da información porque cando a Asociación Pura Raza Cabalo Galego colgue o calendario, tamén o colgaremos nós. Comunícámosvos tamén que a canda cada un dos concursos vai haber unha exhibición de doma de alta escola con PRG. E, fóra destes once certames, haberá dous máis nos que haxa exhibicións:
- 20 de maio: Santa Rita en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- 5 de agosto: Festa Cabalar do Pino (A Coruña)
Nota: a asociación informa:
- Que as datas sinaladas deben ser confirmadas chamando previamente á secretaría técnica dos concursos: 981 511 922 ou 629 826 728.
- Que todos os participantes deberán presentar a documentación sanitaria do animal en concurso actualizada.
- Que cada presentador ou propietario do animal en concurso é responsable civil do mesmo.
- Que os concursos serán xulgados segundo o regulamento da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
- Que os/as concursantes deberán ter ao día o pagamento da cota de socio/a ou darse de alta na asociación no ano 2012.
- Que o importe da cota anual é de 33 euros que dá dereito a participar en todos os concursos do ano.
- Que os premios, como mínimo, son os seguintes:
1.º premio: 120 €
2.º: premio: 90 €
3.º: premio: 60 €
Estes premios poderán ser incrementados segundo o criterio e posibilidades do Comité Organizador.

mércores, 7 de marzo de 2012
MAÑÁ COMEZA GANDAGRO, ATA O SÁBADO
O II Salón Monográfico da Gandería e da Agricultura Gandagro comezará mañá día 8 e rematará o sábado día 10 en Silleda no recinto feiral internacional de Galicia. Este ano está enfocado cara ao gando autóctono galego que vén sufrindo unha emerxencia imparable. Entre os elementos do salón, o/a visitante poderá gozar da exposición de formidables exemplares de cabalos e eguas PRG cunha alta calidade xenética.
sábado, 25 de febreiro de 2012
CASE EN MARZO E SEN CALENDARIO
As asociacións de criadores e criadoras de cabalo de pura raza galega aínda non presentaron os calendarios oficiais dos concursos a estas alturas do ano. A verdade é que o atraso nos pagamentos das subvencións comezan a ter as súas consecuencias. Así e todo, supoñemos que dentro de pouco tempo subiremos ao blog as datas tanto do Campionato Oficial como da Copa Galicia.
domingo, 22 de xaneiro de 2012
NOVO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE IDENTIFICACIÓN DO GANDO EQUINO
O día 5 de xaneiro, a consellaría publicou as bases que regulan as axudas á identificación do gando equino en réxime extensivo. Este ano a porcentaxe subvencionable é o 60% do valor das identificacións que, por suposto, tamén cobren as dos cabalos de PRG. O prazo de presentación de soicitudes remata tres meses despois do día que foron publicadas as bases, é dicir, ata o día 5 de marzo. PODEDES CONSULTAR A ORDE COMPLETA NA SECCIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS.
luns, 19 de decembro de 2011
GALEGOS, ASTURCÓNS E GARRANOS; PRIMOS HERMANOS
Falamos dos cabalos galegos, do asturcóns e dos garranos. Todos proveñen da mesma orixe, dos mesmos montes... Ao igual que o cabalo español, o lusitano e o menorquín.
Achegamos as ligazóns dos sitios webs das respectivas asociacións veciñas e catro vídeos (dous de cabalos galegos para harmonizar a cor das capas) para que comparedes:
ACPRA - ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE PONIS DE RAZA ASTURCÓN
ACERG - ASOCIAÇAO DE CRIADORES DE EQUINOS DE RAÇA GARRANA
Galegos:

Asturcóns:
Garranos:
xoves, 15 de decembro de 2011
DO 8 AO 10 DE MARZO DE 2012, VAI TER LUGAR EN SILLEDA GANDAGRO
No mes de marzo do ano que entra, vaise levar a cabo o II Salón Monográfico da Gadería e da Agricultura en Silleda no recinto feiral internacional de Galicia. Trátase dun espazo expositivo único que nesta segunda edición
mantén a súa formulación efectiva, unir oferta e demanda nun
marco idóneo para o intercambio comercial e aglutinar as últimas novidades
orientadas a aumentar a competitividade. Todo isto coa implicación de
practicamente todas as entidades e colectivos
relacionados.
Negocio, innovación, sostenibilidade e transferencia
de coñecementos serán así os eixos que en GandAgro 2012 garantirán a rendabilidade de participación dos/as expositores/as e a satisfacción das persoas que o visiten.
Entre os elementos do salón, o/a visitante poderá gozar da exposición de formidables exemplares de cabalos PRG entre o gando autóctono galego.
Entre os elementos do salón, o/a visitante poderá gozar da exposición de formidables exemplares de cabalos PRG entre o gando autóctono galego.
martes, 13 de decembro de 2011
O PRG, TEMA CENTRAL DUN NOVO DOCUMENTAL
Dúas alumnas de Comunicación Audiovisual da Coruña, Ana Bost e Cristina González, están preparando como proxecto final de carreira un documental sobre o PRG.
Dinnos estas dúas especialistas do audiovisual que a predilección de facelo sobre o cabalo sempre a tiveron e que ao principio non sabían como enfocalo, pero despois de conseguir información e de coñecer a persoas como Antón de Puraga e Xacobo de
APRCG, que se ofreceron a axudalas e lles deron máis ideas, empezaron a pensar en centralo no cabalo de pura
raza.
Agora mesmo o traballo está en proceso de elaboración e agardamos velo pronto. MOITA SORTE.
xoves, 24 de novembro de 2011
A XUNTA CONSULTA OS/AS CRIADORES/AS
O pasado día 17 de novembro, o subdirector xeral de Gandaría, Manuel Castromil Amigo, envioulles unha carta aos/ás criadores/as que están asociados tanto na Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) como na Asociación Pura Raza Cabalo Galego para que decidan cal das dúas xestionará as eguas reprodutoras no Libro Xeneolóxico.
domingo, 13 de novembro de 2011
COLMENERO E MORA VIII GAÑAN O CAMPIONATO
Onte, 12 de novembro, Colmenero e Mora VIII plocamáronse campións do Campionato Morfolóxico de Cabalos e Eguas PRG. Non houbo sorpresas, xa que tanto un coma o outro xa eran os favoritos por iren primeiros na clasificación provisional. O liderado na categoría de sementais e o segundo posto das femias foron os postos máis oscilantes durante toda a proba. Finalmente resolveuse onte para estes magníficos exemplares. Parabéns!!!
Os dous premios foron para terras ferrolás. Os seus propietarios son José Fandiño e Andrés Rodríguez Beceiro, un de Ferrol e o outro de Narón.
A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega tamén premiou os dous mellores presentadores do ano. Os premios recaeron en: Sergio Freire e Sara Mouriño.
A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega tamén premiou os dous mellores presentadores do ano. Os premios recaeron en: Sergio Freire e Sara Mouriño.
domingo, 16 de outubro de 2011
BALBOA E TÁMAGA GAÑAN A COPA GALICIA
Volveron demostrar ser os mellores. El xa a gañara en 2009 e ela en 2009 e 2010. A Copa Galicia vólvese un pouco conservadora xa que os cabalos e as eguas novos/as non son capaces de superar os "vellos". De todos os xeitos, foi unha final con moitas sorpresas porque nin el chegaba como favorito nin ela como favorita, senón que eran Tropezón e Furia VI os que encabezaban as clasificacións. Podedes consultar a clasificación para a final aquí: cabalos e eguas.
mércores, 21 de setembro de 2011
OS PRG SEGUEN A SORPRENDER
O VILALBÉS Xabier Paz González estase a converter nunha das máis firmes
apostas hípicas galegas montando a Tutiplén, un exemplar de pura raza galega e a Nardeli, unha egua de deporte alemá.
Máis info AQUÍ
xoves, 23 de xuño de 2011
RESULTADOS DAS PROBAS DO CAMPIONATO OFICIAL PRG
1ª PROBA-SILLEDA (19/06/2011)
Machos: Faro (78,3 puntos), Zapateiro (77,35), Bocelo de Oza (76,95), Nerón (76,5) e Colmenero (76,1)
Femias: Mora VIII (86,6 puntos), Alaxe (78,5), Catuxa I (78,25), Furia VI (77,6), Abril (77,1)
2ª PROBA-MOAÑA (31/07/2011)
Machos: Tropezón (79,49), Nerón (77,54), Zapateiro (77,07), Faro (75,89)
Femias: Cuki (81,95), Furia VI (76,55), Catuxa I (76,36), Alaxe (74,58), Mora VIII (73)
3ª PROBA-PONTEAREAS (07/08/2011)
Machos: Zapateiro (84,6), Alecrín (82,1), Faro (81,7), Turco (80,75), Tropezón (79,2)
Femias: Pereira I (86,4), Lúa VII (83,95), Alaxe (82,5), Mora VIII (81,75), Cuki (79,85), Furia VI (79,85)
4ª PROBA-FRIOL (14/08/2011)
Machos: Jalisco (77,05), Tropezón (76,87), Faro (76,66), Tarrío (75,93), Colmenero (74,94)
Femias: Támaga (78,74), Lúa VII (76,45), Leixa (76,24), Pereira I (76,05), Catuxa I (75,51)
5ª PROBA-MURAS (25/09/2011)
Machos: Colmenero (91,55), Zapateiro (88,91), Freixido (87,65), Faro (84,85), Lucero II (83,62)
Femias: Mora VIII (82,35), Catuxa I (80,8), Alaxe (80,72), Perla (80,66), Pereira I (79,85)
6ª PROBA-BOQUEIXÓN (12/11/2011) - FINAL DO CAMPIONATO MORFOLÓXICO OFICIAL
Machos: Colmenero, Zapateiro, Faro, Jalisco
Femias: Mora VIII, Alaxe, Catuxa I, Pereira I, Leixa, Támaga
CAMPIÓN: Colmenero
SUBCAMPIÓN: Zapateiro
CAMPIOA: Mora VIII
SUBCAMPIOA: Alaxe

luns, 2 de maio de 2011
VILARIÑO, DE CAMPIÓN MORFOLÓXICO Á DOMA EN LIBERDADE
Vilariño na Feira de San Marcos en Noia o 25/04/2011
Este formidable exemplar que pertence á Eguada Fonteíña de Vilagarcía de Arousa e que ten en cesión a Asociación Pura Raza Cabalo Galego non deixa de impresionarnos. Primeiro gañou o Campionato Morfolóxico no ano 2007 e agora fascina ao público coa súa doma en liberdade. A súa docilidade e nobreza é aínda máis salientable cando sabemos que é un semental enteiro e picado.
ABELLÓN, O CABALO PRG QUE CHEGOU MÁIS LONXE
Abellón foi un cabalo de pura raza galega que a Asociación Pura Raza Cabalo Galego lle regalou a un grupo de peregrinos que procedían de Rumanía no ano 2005. Este cabalo foi camiñando dende a capital galega ata a terra de orixe dos nosos visitantes, é dicir, que andou máis de 3000 quilómetros.
Despois de 6 anos, acabamos de saber que este formidable exemplar morreu no 2007 por mor dun cólico. Asemade, tamén nos dixeron os seus propietarios que "foi un cabalo que traballaba con corazón; que en 2005 despois de dúas semanas xa sabía andar sen problemas con sela 45-50 quilómetros cada día e tamén tiraba dunha carruaxe; que cando chegaron a casa xa estaba completamente domesticado; que no 2006 fixo unha nova viaxe aínda máis longa ao redor dos Carpates duns 4700 quilómetros".
Feitos coma este reflicten a resistencia e a docilidade dos cabalos PRG.
Para ver fotos deste formidable cabalo podedes entrar aquí.
martes, 26 de abril de 2011
RESULTADOS DAS PROBAS DA COPA GALICIA 2011
1ª Proba PADRÓN-Pascua (24/04/2011)
SEMENTAIS: Turco (62), Porteño (59 (7)), Trisquel (59 (6))
EGUAS: Lúa VII (60 (7)), Mora VIII (60 (6)), Leixa (59)
2ª Proba NOIA-San Marcos (25/04/2011)
SEMENTAIS: Porteño (65,5), Trisquel (64), Tropezón (63)
EGUAS: Mora VIII (66), Támaga (63), Mora (62)
3ª Proba SANTIAGO-Ascensión (02/06/2011)
SEMENTAIS: Balboa (69,5), Jalisco (67 (8,5)), Tropezón (67 (7))
EGUAS: Leixa (66), Támaga (65,5), Furia VI (65)
Premio especial (Copa Dragons de Santiago): Balboa (69,5)
4ª Proba PONTECALDELAS-Hípica Amazonas (12/06/2011)
SEMENTAIS: Balboa (69), Colmenero (68,5), Tropezón (68)
EGUAS: Támaga (66,4), Mora VIII (64,2), Pereira I (60,4)
5ª Proba TEIXEIRO-Festa do Cabalo (07/08/2011)
SEMENTAIS: Tropezón (70,5), Colmenero (70), Trisquel (68)
EGUAS: Xubia (68), Támaga (67,5), Mora VIII (62)
6ª Proba LUGO-Equigal (04/09/2011)
SEMENTAIS: Jalisco (76), Tropezón (70), Balboa (69,5)
EGUAS: Furia VI (82), Regavella (77,5), Galaxia do Oza (73,5)
Premio especial (Gran Premio Cidade de Lugo): Furia VI (82)
7ª Proba LUGO-Expolugo (09/10/2011)
SEMENTAIS: Artes (73), Tropezón (71), Colmenero (70)
EGUAS: Mora VIII (70,5), Regavella (68), Furia VI (66,5)
8ª Proba MONDOÑEDO-As San Lucas (16/10/2011) - FINAL DA COPA GALICIA
SEMENTAIS: Balboa (64,15), Porteño (63,70), Jalisco (63,40)
EGUAS: Támaga (64,95), Leixa (61,80), Galaxia de Oza (61,70)
CAMPIÓN DA COPA 2011: Balboa (133,48)
SUBCAMPIÓN DA COPA 2011: Jalisco (133,07)
CAMPIOA DA COPA 2011: Támaga (133,58)
SUBCAMPIOA DA COPA 2011: Furia VI (132,82)

venres, 25 de marzo de 2011
O CLUB HÍPICO CHAR APOSTA POLO PRG
O Club Hípico Char que está situado no lugar da Freixa no concello de Ponteareas posúe xa unha egua de pura raza que usa para salto. Contentos cos resultados, agora acaba de incorporar outra poldra máis para desbravar. A directora e xestora do centro di na reportaxe que quere quedarse só con cabalos PRG.
martes, 19 de outubro de 2010
PALMARÉS DO CAMPIONATO E DA COPA GALICIA
CAMPIONATO
ANO
|
SEMENTAIS
|
FEMIAS
|
2001
|
Silleiro
?
Curro ?
|
Epona
?
?
|
2002
|
Silleiro
?
?
|
?
?
?
|
2003
|
?
?
?
|
?
?
?
|
2004
|
Silleiro
Colmenero
?
|
?
?
?
|
2005
|
Doniños
Colmenero
Tropezón
|
Miniña?
?
?
|
2006
|
Ermitaño
Balboa
Tropezón
|
Xubia
?
?
|
2007
|
Vilariño
Balboa
?
|
Cereixa
Alaxe
?
|
2008
|
Artes
Zapateiro
Tarrío
|
Pereira I
Lúa VII
Terra I
|
2009
|
Zapateiro
Tarrío
Turco
|
Alaxe
Pereira I
Lúa VII
|
2010
|
Non houbo campionato
|
Non houbo campeonato
|
2011
|
Colmenero
Zapateiro
Faro
|
Mora VIII
Alaxe
Catuxa I
|
2012
|
Jalisco
Mouro do Couto
Loutón
|
Galaxia de Oza
Perla
Lúa VII
|
2013
|
Jalisco
Zapateiro
Loutón
|
Perla
Lobera
Galaxia de Oza
|
2014
|
Mouro do Couto
Torete de Melide
Jalisco
|
Leixa
Alondra
Mora VIII
|
COPA GALICIA
ANO
|
SEMENTAIS
|
FEMIAS
|
2009
|
Balboa
Artes
Trisquel
|
Támega
Cereixa
Lúa VII
|
2010
|
Jalisco
Balboa?
|
Támega
Cereixa?
|
2011
|
Balboa
Jalisco
Porteño
|
Támega
Furia VI
Mora VIII
|
2012
|
Porteño
Jalisco
Trisquel
|
Támega
Furia VI
Regavella
|
2013
|
Porteño
Jalisco
Pancho de
Monte Meda
|
Támega
Leixa
Galaxia de Oza
|
2014
|
Jalisco
Xuncal
Artes
|
Támega
Leixa
Mora VIII
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Buscar neste blog
ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA
BIBLIOGRAFÍA
Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.
Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.
Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.
Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.
Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.
Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.
Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.
Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.
García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.
González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.
Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.
López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.
Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.
Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.
Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.
Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.
Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.
Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.
Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.
Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.
Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.
López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.
Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.
Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.
Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.
Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.
Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.
Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.
Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.
Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.
Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.
Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.
VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.
VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.
Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.

.jpg)