CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

luns, 19 de decembro de 2011

GALEGOS, ASTURCÓNS E GARRANOS; PRIMOS HERMANOS

Falamos dos cabalos galegos, do asturcóns e dos garranos. Todos proveñen da mesma orixe, dos mesmos montes... Ao igual que o cabalo español, o lusitano e o menorquín.

Achegamos as ligazóns dos sitios webs das respectivas asociacións veciñas e catro vídeos (dous de cabalos galegos para harmonizar a cor das capas) para que comparedes:

ACPRA - ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE PONIS DE RAZA ASTURCÓN

ACERG - ASOCIAÇAO DE CRIADORES DE EQUINOS DE RAÇA GARRANA

Galegos:


Asturcóns:

Garranos:


xoves, 15 de decembro de 2011

DO 8 AO 10 DE MARZO DE 2012, VAI TER LUGAR EN SILLEDA GANDAGRO

No mes de marzo do ano que entra, vaise levar a cabo o II Salón Monográfico da Gadería e da Agricultura en Silleda no recinto feiral internacional de Galicia. Trátase dun espazo expositivo único que nesta segunda edición mantén a súa formulación efectiva, unir oferta e demanda nun marco idóneo para o intercambio comercial e aglutinar as últimas novidades orientadas a aumentar a competitividade. Todo isto coa implicación de practicamente todas as entidades e colectivos relacionados.

Negocio, innovación, sostenibilidade e transferencia de coñecementos serán así os eixos que en GandAgro 2012 garantirán a rendabilidade de participación dos/as expositores/as e a satisfacción das persoas que o visiten.

Entre os elementos do salón, o/a visitante poderá gozar da exposición de formidables exemplares de cabalos PRG entre o gando autóctono galego.

GANDAGRO

martes, 13 de decembro de 2011

O PRG, TEMA CENTRAL DUN NOVO DOCUMENTAL

Dúas alumnas de Comunicación Audiovisual da Coruña, Ana Bost e Cristina González, están preparando como proxecto final de carreira un  documental sobre o PRG.
 
Dinnos estas dúas especialistas do audiovisual que a predilección de facelo sobre o cabalo sempre a tiveron e que ao principio non sabían como enfocalo, pero despois de conseguir información e de coñecer a persoas como Antón de Puraga e Xacobo de APRCG, que se ofreceron a axudalas e lles deron máis ideas, empezaron a pensar en centralo no cabalo de pura raza.

Agora mesmo o traballo está en proceso de elaboración e agardamos velo pronto. MOITA SORTE.

xoves, 24 de novembro de 2011

A XUNTA CONSULTA OS/AS CRIADORES/AS

O pasado día 17 de novembro, o subdirector xeral de Gandaría, Manuel Castromil Amigo, envioulles unha carta aos/ás criadores/as que están asociados tanto na Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) como na Asociación Pura Raza Cabalo Galego para que decidan cal das dúas xestionará as eguas reprodutoras no Libro Xeneolóxico.

domingo, 13 de novembro de 2011

COLMENERO E MORA VIII GAÑAN O CAMPIONATO



Onte, 12 de novembro, Colmenero e Mora VIII plocamáronse campións do Campionato Morfolóxico de Cabalos e Eguas PRG. Non houbo sorpresas, xa que tanto un coma o outro xa eran os favoritos por iren primeiros na clasificación provisional. O liderado na categoría de sementais e o segundo posto das femias foron os postos máis oscilantes durante toda a proba. Finalmente resolveuse onte para estes magníficos exemplares. Parabéns!!!

Os dous premios foron para terras ferrolás. Os seus propietarios son José Fandiño e Andrés Rodríguez Beceiro, un de Ferrol e o outro de Narón.

A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega tamén premiou os dous mellores presentadores do ano. Os premios recaeron en: Sergio Freire e Sara Mouriño.

domingo, 16 de outubro de 2011

BALBOA E TÁMAGA GAÑAN A COPA GALICIA


Volveron demostrar ser os mellores. El xa a gañara en 2009 e ela en 2009 e 2010. A Copa Galicia vólvese un pouco conservadora xa que os cabalos e as eguas novos/as non son capaces de superar os "vellos". De todos os xeitos, foi unha final con moitas sorpresas porque nin el chegaba como favorito nin ela como favorita, senón que eran Tropezón e Furia VI os que encabezaban as clasificacións. Podedes consultar a clasificación para a final aquí: cabalos e eguas.

mércores, 21 de setembro de 2011

OS PRG SEGUEN A SORPRENDER

O VILALBÉS Xabier Paz González estase a converter nunha das máis firmes apostas hípicas galegas montando a Tutiplén, un exemplar de pura raza galega e a Nardeli, unha egua de deporte alemá.


Máis info AQUÍ

xoves, 23 de xuño de 2011

RESULTADOS DAS PROBAS DO CAMPIONATO OFICIAL PRG

1ª PROBA-SILLEDA (19/06/2011)
Machos: Faro (78,3 puntos), Zapateiro (77,35), Bocelo de Oza (76,95), Nerón (76,5) e Colmenero (76,1)
Femias: Mora VIII (86,6 puntos), Alaxe (78,5), Catuxa I (78,25), Furia VI (77,6), Abril (77,1)

2ª PROBA-MOAÑA (31/07/2011)
Machos: Tropezón (79,49), Nerón (77,54), Zapateiro (77,07), Faro (75,89)
Femias: Cuki (81,95), Furia VI (76,55), Catuxa I (76,36), Alaxe (74,58), Mora VIII (73)

3ª PROBA-PONTEAREAS (07/08/2011)
Machos: Zapateiro (84,6), Alecrín (82,1), Faro (81,7), Turco (80,75), Tropezón (79,2)
Femias: Pereira I (86,4), Lúa VII (83,95), Alaxe (82,5), Mora VIII (81,75), Cuki (79,85), Furia VI (79,85)

4ª PROBA-FRIOL (14/08/2011)
Machos: Jalisco (77,05), Tropezón (76,87), Faro (76,66), Tarrío (75,93), Colmenero (74,94)
Femias: Támaga (78,74), Lúa VII (76,45), Leixa (76,24), Pereira I (76,05), Catuxa I (75,51)

5ª PROBA-MURAS (25/09/2011)
Machos: Colmenero (91,55), Zapateiro (88,91), Freixido (87,65), Faro (84,85), Lucero II (83,62)
Femias: Mora VIII (82,35), Catuxa I (80,8), Alaxe (80,72), Perla (80,66), Pereira I (79,85)

6ª PROBA-BOQUEIXÓN (12/11/2011) - FINAL DO CAMPIONATO MORFOLÓXICO OFICIAL
MachosColmenero, Zapateiro, Faro, Jalisco
FemiasMora VIII, Alaxe, Catuxa I, Pereira I, Leixa, Támaga

CAMPIÓN: Colmenero
SUBCAMPIÓN: Zapateiro

CAMPIOA: Mora VIII
SUBCAMPIOA: Alaxe

luns, 2 de maio de 2011

VILARIÑO, DE CAMPIÓN MORFOLÓXICO Á DOMA EN LIBERDADE



Vilariño na Feira de San Marcos en Noia o 25/04/2011

Este formidable exemplar que pertence á Eguada Fonteíña de Vilagarcía de Arousa e que ten en cesión a Asociación Pura Raza Cabalo Galego non deixa de impresionarnos. Primeiro gañou o Campionato Morfolóxico no ano 2007 e agora fascina ao público coa súa doma en liberdade. A súa docilidade e nobreza é aínda máis salientable cando sabemos que é un semental enteiro e picado.

ABELLÓN, O CABALO PRG QUE CHEGOU MÁIS LONXE


Abellón foi un cabalo de pura raza galega que a Asociación Pura Raza Cabalo Galego lle regalou a un grupo de peregrinos que procedían de Rumanía no ano 2005. Este cabalo foi camiñando dende a capital galega ata a terra de orixe dos nosos visitantes, é dicir, que andou máis de 3000 quilómetros.

Despois de 6 anos, acabamos de saber que este formidable exemplar morreu no 2007 por mor dun cólico. Asemade, tamén nos dixeron os seus propietarios que "foi un cabalo que traballaba con corazón; que en 2005 despois de dúas semanas xa sabía andar sen problemas con sela 45-50 quilómetros cada día e tamén tiraba dunha carruaxe; que cando chegaron a casa xa estaba completamente domesticado; que no 2006 fixo unha nova viaxe aínda máis longa ao redor dos Carpates duns 4700 quilómetros".

Feitos coma este reflicten a resistencia e a docilidade dos cabalos PRG.

Para ver fotos deste formidable cabalo podedes entrar aquí.

martes, 26 de abril de 2011

RESULTADOS DAS PROBAS DA COPA GALICIA 2011

1ª Proba PADRÓN-Pascua (24/04/2011)
SEMENTAIS: Turco (62), Porteño (59 (7)), Trisquel (59 (6))
EGUAS: Lúa VII (60 (7)), Mora VIII (60 (6)), Leixa (59)

2ª Proba NOIA-San Marcos (25/04/2011)
SEMENTAIS: Porteño (65,5), Trisquel (64), Tropezón (63)
EGUAS: Mora VIII (66), Támaga (63), Mora (62)

3ª Proba SANTIAGO-Ascensión (02/06/2011)
SEMENTAIS: Balboa (69,5), Jalisco (67 (8,5)), Tropezón (67 (7))
EGUAS: Leixa (66), Támaga (65,5), Furia VI (65)
Premio especial (Copa Dragons de Santiago): Balboa (69,5)

4ª Proba PONTECALDELAS-Hípica Amazonas (12/06/2011)
SEMENTAIS: Balboa (69), Colmenero (68,5), Tropezón (68)
EGUAS: Támaga (66,4), Mora VIII (64,2), Pereira I (60,4)

5ª Proba TEIXEIRO-Festa do Cabalo (07/08/2011)
SEMENTAIS: Tropezón (70,5), Colmenero (70), Trisquel (68)
EGUAS: Xubia (68), Támaga (67,5), Mora VIII (62)

6ª Proba LUGO-Equigal (04/09/2011)
SEMENTAIS: Jalisco (76), Tropezón (70), Balboa (69,5)
EGUAS: Furia VI (82), Regavella (77,5), Galaxia do Oza (73,5)
Premio especial (Gran Premio Cidade de Lugo): Furia VI (82)

7ª Proba LUGO-Expolugo (09/10/2011)
SEMENTAIS: Artes (73), Tropezón (71), Colmenero (70)
EGUAS: Mora VIII (70,5), Regavella (68), Furia VI (66,5)

8ª Proba MONDOÑEDO-As San Lucas (16/10/2011) - FINAL DA COPA GALICIA
SEMENTAIS: Balboa (64,15), Porteño (63,70), Jalisco (63,40)
EGUAS: Támaga (64,95), Leixa (61,80), Galaxia de Oza (61,70)

CAMPIÓN DA COPA 2011: Balboa (133,48) 
SUBCAMPIÓN DA COPA 2011: Jalisco (133,07)


CAMPIOA DA COPA 2011: Támaga (133,58) 
SUBCAMPIOA DA COPA 2011: Furia VI (132,82)

venres, 25 de marzo de 2011

O CLUB HÍPICO CHAR APOSTA POLO PRG



O Club Hípico Char que está situado no lugar da Freixa no concello de Ponteareas posúe xa unha egua de pura raza que usa para salto. Contentos cos resultados, agora acaba de incorporar outra poldra máis para desbravar. A directora e xestora do centro di na reportaxe que quere quedarse só con cabalos PRG.

Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.