Google+ Followers

CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

luns 13 xuño 2016

OS CONCURSOS MORFOLÓXICOS OFICIAIS NA ENCRUCILLADA

Este sábado, celebrouse unha nova edición dos concursos morfolóxicos. Na sección de sementais, as cousas quedaron así:

Sementais: Jalisco, Loutón, Comanche
Eguas: Estela III, Anduriña, Perla I

Na sección se sementais, os resultados, xa se vían vir. Estaba o mesmo xuíz de sempre acompañado doutra xuíza oficial mais que non conseguiu mudar os resultados. O primeiro posto foi para Jalisco, un bonito cabalo mais que é fillo dun cabalo de raza garrana que veu para Galicia hai xa un tempo pero que nunca puido conseguir un bo premio debido ás súas orixes sureñas, Brillante. Como só un microchip pode mudar a sorte dun cabalo.

Jalisco conta tamén cunha "traxectoria expectacular" nos certames de morfoloxía da Copa Galicia dado que é propiedade de Lino Freire Abad, "íntimo amigo" de Xacobo Pérez Paz, organizador e "xuíz" das probas.

Outro tanto, acontece co segundo clasificado, Loutón, un "PRG" chegado das Asturias por medio dun dos criadores de "PRG" con maior censo, Luciano de Mondoñedo. Un cabalo asturcón tamén con microchip de galego.

Mentres tanto, outros que xa son fillos de PRG coñecidos e rexistrados non puideron pasar do 3º posto ou incluso non entraron nin na clasificación. É o caso de Alecrín que é fillo de Tropezón, un dos primeiros PRG cos pais rexistrados, varias veces subcampión da raza, e dunha egua tamén PRG que non podía concursar por ter cortes nas orellas. Alecrín, que comezou a súa estrea nos concursos morfolóxicos cun merecido 2º posto mais que non logrou repetir unicamente por prexuízo e manipulación dos xuíces incluso dende a presidencia de Puraga.

Tamén nas femias houbo polémica. O segundo posto foi para Anduriña, unha egua que mesmo ao paso se doia dunha man. O regulamento é claro, un cabalo coxo non pode optar a premio.

Así as cousas, os criadores comezan a estar cansos da falta de profesionalidade dos xuíces e do abandono ou do desinterese xeral que Puraga amosa sobre estes certames. Nos últimos anos, só houbo un por ano e non volveu haber un curso de xuíces ou de reciclaxe desde o ano 2008.

Da problemática da falta de formación dos xuíces, falaremos outro día.




martes 01 marzo 2016

UN NOVO DOCUMENTAL TEN COMO COPROTAGONISTA UN PRG DE EXCELENCIA, MOURO DO COUTO

Un novo documental titulado Mestre Ferrador sobre Antonio Pérez Gregorio, un ferrador de 94 anos homenaxeado este ano co Petelo de Ouro do Concello da Cañiza e co título de Cañicense exemplar, ten como coprotagonista un PRG excelente, Mouro do Couto, que foi campión de morfoloxía no 2014 e que é fillo doutro excampión, Vilariño. Achegamos dúas das imaxes do documental. As persoas que estean interesadas no vídeo poden solicitar unha copia gratuíta contactando co Concello da Cañiza.


xoves 14 xaneiro 2016

PURAGA TEN UN NOVO SEMENTAL NACIDO EN ANDADURA PARA OS CRIADORES

Puraga acaba de adquirir un novo semental que é nacido en andadura. Un garañón que poderá ser cedido para que os criadores cubran as súas bestas. Excepcional iniciativa!!!!

luns 15 xuño 2015

JALISCO E PENAVELLA, GAÑAN O CONCURSO MORFOLÓXICO DA SEMANA VERDE, UNHAS DAS PROBAS PUNTUABLES PARA O CAMPIONATO MORFOLÓXICO OFICIAL

Penavella de José María Costa Blanco de Muras e Jalisco de Marcelino Freire Abad, proclamáronse os mellores cabalos PRG en Silleda, na primeira proba puntuable para o Campionato Galego de Morfoloxía.



xoves 14 maio 2015

APROXÍMASE A SEMANA VERDE DE SILLEDA E CON ELA O CAMPIONATO OFICIAL PRG

Do 11 ao 14 de xuño, realizarase a Semana Verde de Silleda que xa chega á súa 38 edición e con ela o Campionato Galego de Cabalos e Eguas PRG, un certame que mantén un alto nivel de participación e de calidade no que decenas de criadores presentan os seus mellores exemplares. Agardamos que sexa un bo espectáculo e que haxa tamén moito público. Estes son os gañadores do ano pasado.


sábado 25 abril 2015

A ASOCIACIÓN PURA RAZA CABALO GALEGO ATACA OS CRIADORES QUE NON ESTÁN CONTENTOS COAS IRREGULARIDADES QUE COMETE NOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS

Xa non é a primeira vez que isto acontece, que A Asociación Pura Raza Cabalo Galego critique os criadores que non están conformes co seu modus operandi. Centos de criadores levan abandonado a asociación por tratos semellantes. Pero é que agora fíxoo de forma foribunda, desacertada e desafortunada publicamente no seu facebook a un criador por facer críticas dos concursos morfolóxicos da dita asociación e por reclamar os pagamentos dos concursos que levavan case un ano de demora. E todo iso por confundilo con outra persoa que opinou no seu facebook denunciando cousas parecidas ás que denunciaba este outro criador. Acúsano de "mal perdedor" e de "ir aos concursos só polo interés económico".

Tanto o criador coma o  falan da inxustiza que conleva que a propia asociación incumpre o seu propio regulamento na maioría dos puntos. O máis importante é no que di que os xuíces non poden ter relación manifesta cos participantes nin parentesco e a propia asociación concursa cos seus cabalos poñendo como xuíces ao irmán do director-técnico, ao veterinario da asociación, ao presidente, etc.

Esta asociación, que nun principio era unha asociación de criadores, agora xa non funciona como tal senón que é unha empresa privada sostida con fondos públicos. Por este motivo, tanto as Deputacións como a Xunta de Galicia deberían vixiar este tipo de fraudes e de tratos, sobre todo, nesta época política na que se quere facer limpeza de todo tipo de fraude económico e incluso tiranía persoal.


venres 13 marzo 2015

CURSO DE ECO-TERAPIA CON CABALOS PRG

A Asociación Pura Raza Cabalo Galego está a levar adiante un curso de Eco-terapia con cabalos PRG no Centro de Referencia de Especies Equinas Autóctonas de Galicia en Boqueixón, A Coruña. Máis info AQUÍ


domingo 08 febreiro 2015

A ASOCIACIÓN PURA RAZA CABALO GALEGO, BRANCO DUN NOVO ATAQUE DE LIBERA

A Asociación Animalista Libera critica as axudas que recibe a Asociación Pura Raza Cabalo Galego e un proxecto que o seu dirixente, Xacobo Pérez Paz, quere desenvolver no Concello de Santiago (un proxecto mais sen cabalos PRG, fixádevos na foto). Botádelle un ollo a estas dúas noticias:

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/04/22/animalistas-critican-altas-ayudas-doma/833521.html

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22669-18000-sinaturas-proxecto-carruaxes-cabalos-concello-santiago

martes 27 xaneiro 2015

NOVAS AXUDAS PARA O SECTOR EQUINO!!!

AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL 2014-2020
 
O venres día 4 de febreiro, o FOGGA deu a primeira charla informativa sobre as novas axudas de desenvolvemento agrario, explicando como van ser máis ou menos, tendo en conta que aínda falta por publicar a orde e poden existir algunas variacions.

En xeral, dixeron:
AS AXUDAS van dirixidas a agricultores ACTIVOS, o cal quere decir que na súa declaración da renda teñen uns ingresos procedentes da agricultura ou gandería maiores do 20%, sen incluír esta axuda.

Que o pagamento por raza autóctona, nomeadamente por egua ¿e cabalo? PRG será de 175 euros.

Debese respectar una carga gandeira de entre 0,7 e 2 UGM (unidades de gando maior) nas parcelas declaras para esa explotación.

Estas cargas comprobaranse cada ano, ao principio do periodo, ao final e posiblemente en dúas datas intermedias máis. Co cal hai que estudar como se contabilizan os poldros (0,2 ugm ata os 6 meses e 1 ugm a partir desta idade)

O contrato é por cinco anos.

Non hai limite máximo de animais subvencionables e pódese incrementar anualmente nun número non inferior a 5 ugm para ampliar o número de animais subvencionables.

A gandería debe estar acollida ao programa de conservación e mellora da entidade oficialmente recoñecida pola Xunta de Galicia, é decir, no programa de PURAGA, unicamente de Puraga, non de ninguna outra asociación de nome semellante, cabalos semellantes e dirección semellante.

Estas axudas son complematarias coa de agricultura ecolóxica e conservación de pastos que poderia incrementrar a axuda en case 100 euros. (isto hai que confirmalo).

Queda recollida a presenza de cabalos en áreas con limitacións naturais; estas áreas unicamente son en Galicia, segundo o que deu a entender, as turbeiras de cobertor da Serra do Xistral, onde hai varios dos criadores de Puraga.

A data para se apuntar é do 1 de marzo ao 1 de maio, en realidade é ata o 15 de maio pero para que non vos confiedes.

Calquera dúbida chamade ao 638 566 860 e falade con Antón.

O día 10 hai outro curso e seguiremos informando.

sábado 17 xaneiro 2015

147.000 PERSOAS PRESENCIARON OS ESPECTÁCULOS DE DOMA CON PRG

A Asociación Pura Raza Cabalo Galego estima que 147.000 persoas presenciaron os espectáculos de doma que a dita asociación fixo durante 2014 con ánimo de valorizar a raza mais tamén con ánimo de lucro xa que conseguiron case un millón de euros de recadación. Máis info AQUÍ.

domingo 11 xaneiro 2015

A ASOCIACIÓN PURA RAZA CABALO GALEGO IMPULSA UNHA CANDIDATURA INTERNACIONAL

A Asociación Pura Raza Cabalo Galego impulsa a creación dunha candidatura internacional desde Boqueixón (A Coruña) para a cooperación e o intercambio de boas prácticas dirixidas a asociaciones educativas ou xuvenís para loitar contra o abandono escolar, o paro xuvenil e a exclusión social.

Aquí podedes ampliar a información: http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1762231

venres 02 xaneiro 2015

ECOSISTEMA DA SITUACIÓN EQUINA NOS MONTES DA PARADANTA, DA SERRA DA GROBA E DALGUNHAS SERRAS ATLÁNTICAS GALEGAS MÁIS.

A Galicia equina hai 10 anos                                                        A Galicia equina hoxe




Principais causas desta evolución:
- Os criadores tiveron e teñen que afrontar: denuncias de asociacións ecoloxistas-naturalistas polo uso de pexas e trancas e os consecuentes castigos dende a Aministración; a obriga de microchipar os animais; as multas por non ter microchip nos animais ou usar pexas ou trancas; os asasinatos provocados polos propietarios das fincas ás que baixan as reses; os incendios; e os ataques continuos dos lobos.
- O sector está cada vez máis avellentado e o beneficio económico destes animais é nulo ou escaso debido á súa infravaloración. Aquí ten que ver a supravaloración de razas non autóctonas por parte dos criadores e a nefasta xestión do sector equino por parte da Xunta de Galicia e do Goberno de España.
- O interese da Administración na industria eólica invade os montes galegos para exportar enerxía e lucrarse de forma descontrolada e ilegal. Precisan, xa que logo, que os montes estean desertos e sen persoas que lles fagan oposición e instalar alí o que lles dea na gana.
- Existe un escaso ou nulo apoio dende as asociacións de criadores que só se preocupan por vivir das esmolas que lles dá a Xunta de Galicia e a Unión Europea e sempre acatan o que a Xunta de Galicia ordena e promulga sen ningún tipo de cuestionamento amosando moi pouca ou ningunha empatía cos criadores para resolver os problemas.
COMO PODEDES OBSERVAR, UNHA SOA VÍTIMA E MOITOS DEPREDADORES. SEMELLA QUE O PERIGO DE EXTINCIÓN PARA O CRIADOR EQUINO EN RÉXIME EXTENSIVO ESTÁ PRÓXIMO. EVITÉMOLO!!!!!!!!!

venres 19 decembro 2014

A POLÍTICA GANDEIRA DA XUNTA ACABARÁ POR EXTERMINAR MOITOS CABALOS DO MONTE. PARÉMOLOS A TEMPO!!!

Botádelle un ollo a este escrito de criadores de cabalos do país e PRG da Serra da Groba:

LEDE ISTO E QUEDÁDEVOS COA PARTE DE IMPOTENCIA QUE PADECEN AS PERSOAS QUE TEÑEN CABALOS NO MONTE EN GALICIA. ESTE É UN ESCRITO DUN CRIADOR DE MORGADÁNS, GONDOMAR (PONTEVEDRA). QUEIRAMOS OU NON AFECTA TAMÉN AO PRG, AO NOSO MEDIOAMBIENTE E, COMO NON, AO SECTOR EQUINO GALEGO NO QUE A XUNTA SÓ TEN UN INTERESE PURAMENTE IMPOSITIVO E ECONÓMICO SEN PREOCUPARSE DOS ANIMAIS E MOITO MENOS DAS PERSOAS QUE OS COIDAN
Tengo 39 años y desde k tengo uso de razón los caballos han estado en mi vida.Solo ellos te hacen sentir algo muy dificil de explicar cuando estas galopando sobre ellos.En mi caso siempre hubo caballos en casa los de cuadra y los del monte.Hoy escribo xq los salvajes estan en grave peligro de extinguirse,todo x unas leyes puestas x cuatro personas k no saben NADA sobre ellos.Para empezar una tranca no es una pexa hay un abismo entre una cosa y la otra,hay diferentes tipos y diferentes maneras de pexar un animal.Yo siempre pexe mis caballos con cuerda suave y cubierta de goma para evitar hacerle daño cambiandoselas muy a menudo y puedo asegurarles k no maltrato mis animales ya k el caballo puede andar practicamente igual pexado o despexado,lo k si es mas complicado k salte los muros y asi evito k entren a pastar.Despues de lo k he dicho ustedes " los defensores de los animales" me pondreis a caldo pero me da igual.Hablan ustedes sin saber el gasto económico k a nosotros ganaderos nos suponen los caballos:gastamos en gasoil,sin pararnos a pensar aceite,ruedas,....para vijilarlos,gastamos en pagar multas cuando entran a pastar,gastamos en saneamientos,desparasitaciones,y ya sin contar nuestro tiempo xq nosotros tambien tenemos una vida privada...pero todo lo hacemos de lindo gusto saben xq?Xq nosotros tambien amamos a los animales tanto o mas k ustedes.Mi bisabuelo tenia caballos,mi abuelo tambien,mi padre y yo...y kiero k mi hijo los tenga y kiero k cuando pasen muchos años mis tataranietos puedan ir a disfrutar de la naturaleza y como no del animal más bonito k existe EL CABALLO.Con esto kiero dejar una reflexión: Que prefieren ustedes un caballo pexado o un caballo con un tiro k alguien le dio x entrar a una finca?? Que es lo q buscan?? Terminar con todo??Xq casi ya lo han logrado casi ya pueden salir a caminar trankilos x el monte, un monte donde no habra ningun animal,xq ustedes no aman a los animales ustedes kieren terminar con ellos. Firmado:
Geronimo Gonzalez Gonzalez

Se cadra, a Xunta non debería multar ou controlar só, senón tamén implementar medidas para evitar que os cabalos morran fusilados polos donos das veigas (que, para nós, é un delito moito máis grande ca pexalos) e os gandeiros non padezan un dobre ataque: A Xunta e os propietarios das veigas.

U-las as asociacións de criadores a defender os seus gandeiros, a fomentar a cría cabalar e pensar nun futuro? Se cadra, están demasiado ocupadas en rivalizar en parvadas e en obviar problemas que as afectan de forma crucial. De todas formas, deberían pensar que, se non hai cabalos, tampouco fan falla elas. De seguro, que son menos necesarias elas ca os cabalos e, de certo, que antes ca os animais, desaparecen as asociacións. É como se gardasen silencio cando hai que falar, como se traballasen para a Administración e non para os criadores. É unha lástima, a verdade.

domingo 26 outubro 2014

O VÍDEO DE XANK PENABELLA SOBRE O PRG XA SUPEROU AS 600 VISITAS EN MENOS DUN ANO



Animamos dende aquí a que os criadores e afeccionados ou simpatizantes do PRG suban vídeos caseiros dos seus cabalos e fotografías á rede porque cremos que axudan a visualizar a raza e a promocionala. Tamén poden enviárnolos ao contacto do blog que os subimos.

luns 20 outubro 2014

FOTOS DE TODOS OS CABALOS QUE GAÑARON ALGUNHA VEZ O CAMPIONATO OFICIAL

Silleiro

 Doniños

Ermitaño

Vilariño
 Artes

Zapateiro

Colmenero

Jalisco

 Mouro do Couto

RESULTADOS FINAIS DA COPA GALICIA PRG

Pódenos consultar premendo aquí: http://feagas.com/index.php/es/noticias-feagas/noticias-por-sectores/22607-jalisco#.VEWTu1f0dBs Parabéns aos galardoados!!!!

A VALGA ESTREA SINALÉCTICA!

A Deputacion de Pontevedra sinaliza áreas de cabalos en semiliberdade na zona do curro da Valga nos montes de Santa María de Oia.

Esta sinaléctica solicitouna a Asociacion de Gandeiros do curro da Valga (asesorada por Puraga, que os informou deste tipo de sinais).


Trátase dun paso adiante na xestión e na CONVIVENCIA NECESARIA entre os animais en estado de semiliberdade e os seres humanos que ten que fomentar o goberno e NON CULPABILIZAR AS VÍTIMAS DOS ACCIDENTES que son os pobres animais. Suponse que os seres humanos somos superiores en intelixencia ou na capacidade de ter raciocinio e sentido común.


Necesitamos os cabalos para manter a nosa biodiversidade e xestionar o monte dun xeito ecolóxico e saudable. Ademais, forman parte das nosas paisaxes, da nosa cultura, de nós!


 

xoves 09 outubro 2014

DÚAS NOTAS ACLARATORIAS PARA OS LECTORES

Estes días puxerónse en contacto con nós as dúas asociacións que traballan a prol do cabalo PRG sobre a "polémica" que está a xerar a entrada que puxemos sobre os impagos e a final da Copa Galicia. Unha para pagar o que debía (iso si, non sabemos se cobraron todos os criadores premiados) e a outra porque recibiu chamadas do Concello de Mondoñedo pensando que foran eles ou que tiñan unha vinculación especial cos xestores deste blog para modificar a entreda e que non lles afectase na participación da final. Por este motivo, gustaríanos aclarar dúas cuestións:

-Este blog naceu única e exclusivamente para difundir, de xeito particular e altruista (nós si que é verdade que non cobramos un céntimo por facer isto e si que somos afeccionados reais ao mundo do PRG), as novas que atinxen ao PRG sen ningún tipo de manipulación por parte das asociacións nin doutra institución. Un lector constante deste blog pode comprobar que hai críticas para ambas asociacións. Gusten ou non pero para as dúas sen ningún tipo de censura. Críticas que pretenden ser construtivas e non destrutivas.

-Cando publicamos esa entrada, non queriamos facer o máis mínimo dano ao Concello de Mondoñedo que é un dos maiores contribuíntes para esta raza de cabalos nin tampouco á Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Agora ben, só queriamos poñer de manifesto a incómoda situación dos criadores, que deixan o seu diñeiro na estrada e no coidado dos seus animais, polos impagos que houbo durante todo o ano e, ao mesmo tempo, alertar os colaboradores da asociación do que estaban a facer e do prexuízo que estaban ou están a crear. Só queremos que as cousas se fagan como hai que facelas.

Asemade, tamén nos gustaría aclarar que, ao pouco que sabemos como funciona internamente, a Asociación de Criadores de Cabalos PRG (Puraga) non lles regala os premios aos "amigos" senón que é o xuíz que emite a súa libre valoración. Neste aspecto, a esta asociación, os criadores teñen pouco que reprocharlle e demóstrano no nivel de participación dos seus concursos. Comentamos isto porque tamén nos chegaron comentarios de que hai favoritismos entre o director técnico da asociación e os criadores que xestionamos este blog. Son comentarios que non sabemos ben de onde saíron aínda que podemos sospeitalo. Agora ben, cada quen é libre de pensar o que queira. Nós tamén! Ademais, non queremos entrar en guerras absurdas entre persoas que pretendemos defender e fomentar o mesmo.

Para rematar, gustaríanos poñer de manifesto, non de que nos alegramos, pero si de que todo isto tivese esta transcendencia. Só así puidemos comprobar a importancia que pode ter este blog e o noso traballo para o PRG. Grazas a todos os que nos ledes e credes en nós!!! PRG Sempre!

martes 07 outubro 2014

domingo 05 outubro 2014

CHEGA A FINAL DA COPA E OS CRIADORES AÍNDA NON COBRARON NIN O PRIMEIRO PREMIO

O sábado día 18 de outubro, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego, da que é director técnico, secretario, tesoureiro, vogal e non sabemos cantas cousas máis o célebre actor e presentador Xacobo Pérez Paz (Jacobo PP), organizará a final da Copa Galicia de cabalos e eguas de pura raza galega (ou incluso algúns cruzados con outras razas) no marco da feira das San Lucas en Mondoñedo na que haberá un total de premios que suman 7000 euros. Unha cantidade que faría auga na boca aos criadores se se pagase. Agora ben, hai criadores aos que aínda non lles ingresaron os premios de concursos como a Semana Santa en Padrón ou a Feira de San Marcos en Noia nas que se contaba cunha previsión semellante na cantidade económica dos premios.

Nos últimos anos, os cabalos gañadores sempre foron os da propia asociación algo que parece moi moi sospeitoso e, cando non foi a asociación, foi sempre un criador que resulta ser un amigo moi especial do mencionado director técnico.

A verdade, amólanos moito publicar cousas coma estas pero tamén nos fastidia que este tipo de xente se ría dos criadores. Sinceramente, non debería de presentárselle ninguén nos concursos.

martes 16 setembro 2014

O CONVENIO DE CESIÓN DE CABALOS E EGUAS PRG COMEZA A DAR RESULTADOS EXCEPCIONAIS

O convenio que Puraga e a Xunta desenvolven dende hai uns 5 anos comeza a amosar os seus primeiros resultados que, ao parecer, son excepcionais.

Hai un tempo, falámoslles de Maruxa, unha que collía en cesión o Club Hípico Char de Ponteareas. Hoxe enorgullécenos presentarlles os resultados que está a lograr e unhas imaxes que falan por si soas.

MOITO ÁNIMO E MOITA SORTE!!!!





CAMPIONATO GALEGO DE SALTO DE OBSTÁCULOS 2014
XOVES - 04/SETEMBRO/2014
PROBAS COMPLEMENTARIAS
PONI B2
NÚM    CABALO                         XINETE                                      CLUB                      Puntos      Tempo
1      MARUXA                         Campos Cora, Lucía                  TEAM CASADEVALL            4                  51,82
2      PERLIET DE GEEN            Fernández Marcos, Cristina       EL ALAZAN                         4                  61,59
-       MARUXA                         Guijarro Grela, Silvia                  TEAM CASADEVALL           NP
-       AIUCA Z                          Senra Fernández, Elena            C.H. Haras de Compostela   NP
-       WENDI BOY                    Tapias Fernández, Olivia            EL ALAZAN                          NP


CAMPIONATO GALEGO DE SALTO DE OBSTÁCULOS 2014
VENRES - 05/SETEMBRO/2014
PROBAS COMPLEMENTARIAS
PONI B2 ACUM.
NÚM        CABALO                  XINETE                                     CLUB                 Puntos       Tempo     CRIT.
1         MARUXA                   Campos Cora, Lucía                TEAM CASADEVALL         0                  60,81         4
2         PERLIET DE GEEN  Fernández Marcos, Cristina     EL ALAZAN                           0                  65,13         4
3         BENDI BOY              Tapias Fernández, Olivia         EL ALAZAN                         0                   73,70         24
4         MARUXA                   Guijarro Grela, Silvia               TEAM CASADEVALL         4                   62,14         28
5         AIUCA Z                    Senra Fernández, Elena        C.H. Haras de Compostela 10               122,46         34


CAMPIONATO GALEGO DE SALTO DE OBSTÁCULOS 2014
SÁBADO - 06/SETEMBRO/2014
PROBAS COMPLEMENTARIAS
PONI C ACUM.
NÚM     CABALO                           XINETE                                         CLUB                  Puntos     Tempo      CAMP.
1       MARUXA                          Guijarro Grela, Silvia                     TEAM CASADEVALL        0                 42,73         28
2       PERLIET DE GEEN           Fernández Marcos, Cristina          EL ALAZAN                        0                44,82          4
3       BENDI BOY                     Tapias Fernández, Olivia                EL ALAZAN                       0                 49,13         24
4       MARUXA                          Campos Cora, Lucía                     TEAM CASADEVALL        4                 55,67          8
5       AIUCA Z                           Senra Fernández, Elena               C.H. Haras de Compostela 4                70,76          38

xoves 04 setembro 2014

ASEMBLEA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE PURAGA, O 20 EN MURAS

Achegámoslles a convocatoria. É unha mágoa que a xunta directiva non recapacite e non a faga nun lugar máis céntrico como en Boqueixón onde hai salas de reunión e unhas instalacións de luxo para estes eventos e, ademais, lugar no que a asociación ten os seus animais e a súa sede actual.



martes 26 agosto 2014

DÚAS NOTICIAS DA TVE SOBRE CABALOS EN GALICIA E SOBRE CABALOS PRG

Podedes ver aquí dúas noticias que apareceron estes días no informativo do mediodía que falan sobre os nosos cabalos:

Telexornal-Galicia - 26/08/14

A partir do minuto 20 e do segundo 20 ata o 25.15. O Centro Hípico de Cartelle que ten 5 cabalos PRG cedidos por Puraga.

On Off: Rapa das bestas

xoves 17 xullo 2014

O 3 DE AGOSTO VOLVE A COPA, AÍNDA QUE UN POUCO MÁIS DESCAFEINADA

O vindeiro 3 de agosto volverán as probas da Copa Galicia no marco da Festa do Cabalo de Teixeiro, Curtis. Mais farano dun xeito descafeinado xa que os criadores que obtiveron premios nas anteriores edicións do 2014, a saber, en abril e xuño, aínda non cobraron nin un céntimo dos seus galardóns.

sábado 14 xuño 2014

MOURO DO COUTO E LEIXA, OS MELLORES DA SEMANA VERDE

Mouro do Couto, un semental de capa negra e fillo dun xa coñecido campión de nome Vilariño (cabalo que podedes ver na portada deste blog), e Leixa, unha egua que este ano despunta nos mellores postos da Copa Galicia PRG (consulta AQUÍ), gañan as respectivas categorías de machos e femias no concurso morfolóxico oficial da Semana Verde de Silleda.

18 exemplares víronse as caras e un alto nivel xenético e estético presenciaron o certame.

Podedes consultar AQUÍ a nova no Faro de Vigo.

Cando teñamos o resto da clasificación, subirémola.


xoves 12 xuño 2014

ACTIVIDADES CON PRG NA SEMANA VERDE


Expoñemos, a continuación, as actividades e os horarios que se lle dedican ao PRG no marco da Semana Verde de Silleda que se celebrará entre hoxe e o domingo 15 de xuño:

Xoves:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.


Venres:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.
-Exhibición práctica sobre a manexabilidade e a mente do cabalo PRG. Parámetros da etoloxía equina. Ás 17.00 no ring do Pavillón 3.

Sábado:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.
-Concurso morfolóxico oficial PRG. A partir das 12.00.
-Campionato de aloitadores con PRG. Ás 17.00 no ring do Pavillón 3.
-Festival ecuestre Galicia cabalga. Das 20.00 ás 22.00.

Domingo:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.
-Showcooking de carne de poldro galego. De 11.45 a 12.30.
-Festival ecuestre: Galicia, un soño a cabalo. Entre as 13.00 ás 14.00.
-Campionato de aloitadores con PRG. Ás 17.00 no ring do Pavillón 3.

Outras actividades nas que pode aparecer:

-Xornadas técnicas sobre as razas autóctonas en perigo de extinción. Todos os días, mañá e tarde.
-Poni Club. Sábado e domingo de 11.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00.
-Competición de andadura galega. Sábado a partir das 12.00 e das 16.30 na rúa posterior das gradas do ring principal.

Se queredes consultar todo o programa, pinchade AQUÍ.

Buscar neste blog

A carrexar...

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.