CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

venres, 28 de decembro de 2012

MENTRES A MEIRANDE PARTE DO PLANETA BAILA O "BAILE DO CABALO", O NÚMERO DE EQUINOS DESCENDE DÍA TRAS DÍA

Mentres millóns e millós de persoas bailan o "gangnam style" na prensa diaria seguimos atopando noticias con titulares como: "El número de caballos lusitanos sacrificados en Portugal sube de forma alarmante". E isto non sucede só cos lusitanos, senón tamén, cos galegos, cos españois...



xoves, 1 de novembro de 2012

GADIS USA UN CABALO PRG E OUTROS DOUS DO PAÍS NO SEU ÚLTIMO ANUNCIO

A cadea de supermercados galega aposta por Galicia e por todo o que teña que ver con ela. Xa leva gañados moitos premios publicitarios. Agardemos que se lle siga recoñecendo o gran labor que leva a cabo.

Dá gusto ver como unha empresa galega fai país e promociona e aposta polo noso. O cabalo (ou egua, xa que é difícil de saber) negro, é un prg (dos máis baixiños) e os outros podemos catalogalos do país xa que pola capa non poden ser PRG.

sábado, 20 de outubro de 2012

PORTEÑO E TÁMEGA GAÑAN, DUN XEITO POLÉMICO, A COPA

Hoxe tivo lugar a final da Copa Galicia PRG, unha das máis polémicas dos últimos anos.

Porteño, un cabalo que é propiedade da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, gaña a Copa Galicia PRG un certame que organiza esta mesma asociación. Ademais, dese, premiou outros tres cabalos máis dos que son propietarios.

A sección de eguas tampouco estivo libre de sospeita de "favoritismos" debido a que gañou Támega, unha egua que chegaba de segunda á final e só gañou un concurso en todo o ano e quedou segunda a femia que, tanto o ano pasado coma este, chegaba de primeira á final e que gañou, na presente edición, tres das 4 probas ás que se presentou. Ao parecer, e segundo comentaban boa parte dos criadores que se presentaron ao certame, o propietario da egua gañadora é "íntimo amigo" do coordinador da asociación. Tanto é así que lle deixaron presentar unha egua sen pasaporte de cabalo PRG durante todo o campionato. Ademais, levou outros tres dos premios do campionato. O terceiro premio nas eguas tamén foi para a propia asociación.

martes, 9 de outubro de 2012

IMPLEMENTAR O PROGRAMA SANITARIO, ADQUIRIR POLDROS POLO CONVENIO E REDUCIR O PREZO DE IDENTIFICACIÓN SON AS ÚLTIMAS DECISIÓNS DE PURAGA

Logo de levar a cabo a última asemblea, a Asociación de Criadores de Cabalos PRG (Puraga) decidiu levar a cabo a implementación do programa sanitario no que os socios só pagarán un prezo simbólico polos desparasitadores, a adquisición de 12 poldros e poldras de entre 6 e 36 meses a través do convenio de recría e testaxe que a asociación ten asinado coa Xunta de Galicia e a redución do prezo na identificación do prezo de identificación:

- Identificación por cada exemplar PRG cun microchip: 15 €
- Valoración dun exemplar PRG: 5 €
- Identificación de animais cruzados: 25 €




sábado, 6 de outubro de 2012

AFOGA O CAMPIONATO E MANTENSE A COPA

Ao final a Asociación de Criadores de Cabalos PRG (Puraga) non realizará o concurso de Expolugo no que se desenvolvería a final do Campionato Morfolóxico Oficial PRG nin ningún concurso máis no 2012.

A verdade é que esta situación contrasta co ano pasado, no que organizou 7 probas. É unha verdadeira mágoa que a asociación que ten no seu poder o libro xeneolóxico do cabalo PRG non faga concursos para fomentar e mostrar os novos produtos dos criadores e trátase de algo moi negativo tanto para ela como para a propia raza.

Menos mal que existe outro campionato que, aínde que non é oficial (os xuíces e xuízas si que o son), posúe unha continuidade moito máis seria e constante. Esta competición é a Copa Galicia, que organiza a Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Tanto o ano pasado coma este organizou 8 probas puntuables.

martes, 25 de setembro de 2012

TRALAS FERRADURAS GALEGAS, O PRIMEIRO DOCUMENTAL SOBRE O PRG

As dúas alumnas de Comunicación Audiovisual da Coruña, Ana Bost e Cristina González, das que vos falabamos a finais do 2011, acaban de presentar o primeiro documental sobre o PRG.
Colgámosvos o enlace á súa web:
Alí aparece o tráiler, un extracto do documental de tres minutos e galerias de fotos.
Ademais tamén teñen páxina en facebook, chámase como o documental Tralas ferraduras galegas e ten un enlace na parte superior da páxina á web.
O documental xa recibiu as súas primeiras crítica e, a verdade, é que foron moi boas.
Espero que vos guste e moitos parabéns a Ana e a Cristina.

Os tráiters podedes velos tamén aquí nas ligazóns de Youtube.

Xa vos diremos como conseguilo completo. Podedes acceder tamén ao grupo de facebook en: http://es-la.facebook.com/pages/Tralas-Ferraduras-Galegas/404428969614515

 



domingo, 17 de xuño de 2012

RESULTADOS DAS PROBAS DO CAMPIONATO OFICIAL PRG 2012


1ª PROBA-SILLEDA (16/06/2012)
Machos: Jalisco (), Mouro do Couto (), Loutón (), Tarrío () e Alecrín ()
Femias: Galaxia de Oza (), Perla (), Lúa VII (), Támega (), ¿? ()

CAMPIÓN: Jalisco
SUBCAMPIÓN: Mouro do Couto

CAMPIOA: Galaxia de Oza
SUBCAMPIOA: Perla

sábado, 5 de maio de 2012

OS PRG BEN COIDADOS E MONTADOS INCREMENTAN O SEU VALOR CONSIDERABLEMENTE

A verdade é que hai poucos cabalos e eguas PRG puros (con documentación de pura raza) dispoñibles á venda que teñan unha aparencia ben coidada e que estean amansados e montados. Isto fai que os poucos que se atopan, unido á súa formidable resistencia e fortaleza e indiscutible multifuncionalidade, acaden un valor especial no mercado. Entra AQUÍ e poderás comprobalo.

Non digamos xa, cando destacan un pouco máis no deporte, na doma, etc. onde o valor se multiplica por nove e se falan de cifras de 18 000 €. Entra agora AQUÍ.

Con isto, ten que ver tamén o que nos dicía o coordinador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, que un dos cabalos que teñen para a doma non o vendían nin por 12 000 €. Claro, trátase dun semental enteiro e picado que fai doma en liberdade como se estivese capado. Podes ver un vídeo seu AQUÍ.

mércores, 25 de abril de 2012

PURAGA CEDE CABALOS E EGUAS PRG PARA DEPORTE E PICADEIROS EN XERAL

A Asociación de Criadores de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega (Puraga) ten un programa de cesión de cabalos e eguas PRG para picadeiros, asociacións e, incluso, particulares que queiran usar estes animais, sobre todo, con finalidade deportiva. Para quen poida estar interesado/a pode contactar con ela no seu sitio web.

xoves, 12 de abril de 2012

GUILLERMO E OS PRG

Se entrades AQUÍ, podedes ver un capítulo do programa da TVG "Cos pés na terra". Entre outras cousas, poderedes ver como Guillermo, un administrativo de profesión, compaxina o seu traballo co coidado e doma de cabalos PRG.

luns, 2 de abril de 2012

RESULTADOS DAS PROBAS DA COPA GALICIA 2012


1ª Proba PADRÓN-Pascua (08/04/2012)
SEMENTAIS: Trisquel (67,3), Porteño (66,6) e Jalisco (65,3)
EGUAS: Terra I (59,2), Támega (58,4), Galaxia de Oza (56,9)

2ª Proba TUI-San Telmo (16/04/2012)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN

3ª Proba NOIA-San Marcos (25/04/2012)
SEMENTAIS: Jalisco (67), Porteño (65), Vilariño (64,5)
EGUAS: Terra I (65,5), Regavella (64,5), Támega (64)

4ª Proba SANTIAGO-Ascensión (17/05/2012)
SEMENTAIS: Tarrío (68), Trisquel (67), Porteño (66)
EGUAS: Regavella (70), Támega (67,5), Furia de Oza (63,5)
Premio especial (Copa Dragons de Santiago): Regavella (70)

5ª Proba PONTECALDELAS-Hípica Amazonas (20/05/2012)
SEMENTAIS: Porteño (65,5), Jalisco (62,75), Cotros (60,5)
EGUAS: Támega (68), Lúa VII (64,5), Regavella (64,5)

6ª Proba LUGO-Equigal (09/06/2012)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN

7ª Proba TEIXEIRO-Festa do Cabalo (05/08/2012)
SEMENTAIS: Porteño (80,5), Jalisco (74,3), Artes (67,1)
EGUAS: Furia VI (80,25), Támega (73,94), Mora VIII (65,9)

8ª Proba MELIDE-Festa Cabalar do Bocelo (11/08/2012)
SEMENTAIS: Jalisco (), Artes (), Porteño ()
EGUAS: Furia VI (), Regavella (), Lúa VII ()

9ª Proba VALADOURO-Equiouro (22/09/2012)
SEMENTAIS: Jalisco (), Porteño (), Tarrío ()
EGUAS: Furia VI (), Regavella (), Lúa VII ()

10ª Proba LUGO-Expolugo (06/10/2012)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN

11ª Proba MONDOÑEDO-As San Lucas (20/10/2012) - FINAL DA COPA GALICIA
SEMENTAIS: Porteño (), Jalisco (), Trisquel ()
EGUAS: Támega (), Furia VI (), Regavella ()

CAMPIÓN DA COPA 2012: Porteño
SUBCAMPIÓN DA COPA 2012: Jalisco

CAMPIOA DA COPA 2012: Támega
SUBCAMPIOA DA COPA 2012: Furia VI

Info máis detallada AQUÍ

venres, 9 de marzo de 2012

ANTES FALAMOS, ANTES APARECEN

Xa temos as datas das probas puntuables para a Copa Galicia 2012 para cabalos e eguas PRG. Atención criadores e criadoras ide preparando ben camións e remolques porque será un total de 11 probas as que se van desenvolver neste campionato. Aumenta así en 4 concursos con respecto a 2011. Os días e lugares son:

- 8 de abril: Pascua en Padrón (A Coruña)
- 16 de abril: San Telmo en Tui (Pontevedra)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
- 25 de abril: San Marcos en Noia (A Coruña)
- 17 de maio: A Ascensión en Santiago de Compostela (A Coruña)
- 20 de maio: Festa Cabalar da Insua en Pontecaldelas (Pontevedra)
- 9 de xuño: Equigal, Salón do Cabalo de Galicia en Lugo (Lugo)-SUSPENDIDO POLA ORGANIZACIÓN
- 5 de agosto: Festa Cabalar de Teixeiro (A Coruña)
- 11 de agosto: Festa Cabalar do Bocelo en Melide (A Coruña)
- 1 de setembro: Equiouro 2012 no Valadouro (Lugo)
- 6 de outubro: Expolugo en Lugo (Lugo)
- 14 de outubro: Final da Copa Galicia nas San Lucas en Mondoñedo (Lugo)

Isto non deixa de ser un adianto da información porque cando a Asociación Pura Raza Cabalo Galego colgue o calendario, tamén o colgaremos nós. Comunícámosvos tamén que a canda cada un dos concursos vai haber unha exhibición de doma de alta escola con PRG. E, fóra destes once certames, haberá dous máis nos que haxa exhibicións:

- 20 de maio: Santa Rita en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- 5 de agosto: Festa Cabalar do Pino (A Coruña)

Nota: a asociación informa:
- Que as datas sinaladas deben ser confirmadas chamando previamente á secretaría técnica dos concursos: 981 511 922 ou 629 826 728.
- Que todos os participantes deberán presentar a documentación sanitaria do animal en concurso actualizada.
- Que cada presentador ou propietario do animal en concurso é responsable civil do mesmo.
- Que os concursos serán xulgados segundo o regulamento da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
- Que os/as concursantes deberán ter ao día o pagamento da cota de socio/a ou darse de alta na asociación no ano 2012.
- Que o importe da cota anual é de 33 euros que dá dereito a participar en todos os concursos do ano.
- Que os premios, como mínimo, son os seguintes:
1.º premio: 120 €
2.º: premio: 90 €
3.º: premio: 60 €
Estes premios poderán ser incrementados segundo o criterio e posibilidades do Comité Organizador.

mércores, 7 de marzo de 2012

MAÑÁ COMEZA GANDAGRO, ATA O SÁBADO

O II Salón Monográfico da Gandería e da Agricultura Gandagro comezará mañá día 8 e rematará o sábado día 10 en Silleda no recinto feiral internacional de Galicia. Este ano está enfocado cara ao gando autóctono galego que vén sufrindo unha emerxencia imparable. Entre os elementos do salón, o/a visitante poderá gozar da exposición de formidables exemplares de cabalos e eguas PRG cunha alta calidade xenética.

GANDAGRO

sábado, 25 de febreiro de 2012

CASE EN MARZO E SEN CALENDARIO

As asociacións de criadores e criadoras de cabalo de pura raza galega aínda non presentaron os calendarios oficiais dos concursos a estas alturas do ano. A verdade é que o atraso nos pagamentos das subvencións comezan a ter as súas consecuencias. Así e todo, supoñemos que dentro de pouco tempo subiremos ao blog as datas tanto do Campionato Oficial como da Copa Galicia.

domingo, 22 de xaneiro de 2012

NOVO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE IDENTIFICACIÓN DO GANDO EQUINO

O día 5 de xaneiro, a consellaría publicou as bases que regulan as axudas á identificación do gando equino en réxime extensivo. Este ano a porcentaxe subvencionable é o 60% do valor das identificacións que, por suposto, tamén cobren as dos cabalos de PRG. O prazo de presentación de soicitudes remata tres meses despois do día que foron publicadas as bases, é dicir, ata o día 5 de marzo. PODEDES CONSULTAR A ORDE COMPLETA NA SECCIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS.

Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.