A Galicia equina hai 10 anos A Galicia equina hoxe
Principais causas desta evolución:
- Os criadores tiveron e teñen que afrontar: denuncias de asociacións
ecoloxistas-naturalistas polo uso de pexas e trancas e os consecuentes castigos
dende a Aministración; a obriga de microchipar os animais; as multas por non ter
microchip nos animais ou usar pexas ou trancas; os asasinatos provocados polos
propietarios das fincas ás que baixan as reses; os incendios; e os ataques
continuos dos lobos.
- O sector está cada vez máis avellentado e o beneficio económico destes
animais é nulo ou escaso debido á súa infravaloración. Aquí ten que ver a
supravaloración de razas non autóctonas por parte dos criadores e a nefasta
xestión do sector equino por parte da Xunta de Galicia e do Goberno de España.
- O interese da Administración na industria eólica invade os montes galegos
para exportar enerxía e lucrarse de forma descontrolada e ilegal. Precisan, xa
que logo, que os montes estean desertos e sen persoas que lles fagan oposición
e instalar alí o que lles dea na gana.
- Existe un escaso ou nulo apoio dende as asociacións de criadores que só
se preocupan por vivir das esmolas que lles dá a Xunta de Galicia e a Unión
Europea e sempre acatan o que a Xunta de Galicia ordena e promulga sen ningún
tipo de cuestionamento amosando moi pouca ou ningunha empatía cos criadores
para resolver os problemas.
COMO PODEDES OBSERVAR, UNHA SOA VÍTIMA E MOITOS DEPREDADORES. SEMELLA QUE O
PERIGO DE EXTINCIÓN PARA O CRIADOR EQUINO EN RÉXIME EXTENSIVO ESTÁ PRÓXIMO. EVITÉMOLO!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario