CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

luns, 2 de maio de 2011

VILARIÑO, DE CAMPIÓN MORFOLÓXICO Á DOMA EN LIBERDADE



Vilariño na Feira de San Marcos en Noia o 25/04/2011

Este formidable exemplar que pertence á Eguada Fonteíña de Vilagarcía de Arousa e que ten en cesión a Asociación Pura Raza Cabalo Galego non deixa de impresionarnos. Primeiro gañou o Campionato Morfolóxico no ano 2007 e agora fascina ao público coa súa doma en liberdade. A súa docilidade e nobreza é aínda máis salientable cando sabemos que é un semental enteiro e picado.

ABELLÓN, O CABALO PRG QUE CHEGOU MÁIS LONXE


Abellón foi un cabalo de pura raza galega que a Asociación Pura Raza Cabalo Galego lle regalou a un grupo de peregrinos que procedían de Rumanía no ano 2005. Este cabalo foi camiñando dende a capital galega ata a terra de orixe dos nosos visitantes, é dicir, que andou máis de 3000 quilómetros.

Despois de 6 anos, acabamos de saber que este formidable exemplar morreu no 2007 por mor dun cólico. Asemade, tamén nos dixeron os seus propietarios que "foi un cabalo que traballaba con corazón; que en 2005 despois de dúas semanas xa sabía andar sen problemas con sela 45-50 quilómetros cada día e tamén tiraba dunha carruaxe; que cando chegaron a casa xa estaba completamente domesticado; que no 2006 fixo unha nova viaxe aínda máis longa ao redor dos Carpates duns 4700 quilómetros".

Feitos coma este reflicten a resistencia e a docilidade dos cabalos PRG.

Para ver fotos deste formidable cabalo podedes entrar aquí.

Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.