CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

venres, 19 de decembro de 2014

A POLÍTICA GANDEIRA DA XUNTA ACABARÁ POR EXTERMINAR MOITOS CABALOS DO MONTE. PARÉMOLOS A TEMPO!!!

Botádelle un ollo a este escrito de criadores de cabalos do país e PRG da Serra da Groba:

LEDE ISTO E QUEDÁDEVOS COA PARTE DE IMPOTENCIA QUE PADECEN AS PERSOAS QUE TEÑEN CABALOS NO MONTE EN GALICIA. ESTE É UN ESCRITO DUN CRIADOR DE MORGADÁNS, GONDOMAR (PONTEVEDRA). QUEIRAMOS OU NON AFECTA TAMÉN AO PRG, AO NOSO MEDIOAMBIENTE E, COMO NON, AO SECTOR EQUINO GALEGO NO QUE A XUNTA SÓ TEN UN INTERESE PURAMENTE IMPOSITIVO E ECONÓMICO SEN PREOCUPARSE DOS ANIMAIS E MOITO MENOS DAS PERSOAS QUE OS COIDAN
Tengo 39 años y desde k tengo uso de razón los caballos han estado en mi vida.Solo ellos te hacen sentir algo muy dificil de explicar cuando estas galopando sobre ellos.En mi caso siempre hubo caballos en casa los de cuadra y los del monte.Hoy escribo xq los salvajes estan en grave peligro de extinguirse,todo x unas leyes puestas x cuatro personas k no saben NADA sobre ellos.Para empezar una tranca no es una pexa hay un abismo entre una cosa y la otra,hay diferentes tipos y diferentes maneras de pexar un animal.Yo siempre pexe mis caballos con cuerda suave y cubierta de goma para evitar hacerle daño cambiandoselas muy a menudo y puedo asegurarles k no maltrato mis animales ya k el caballo puede andar practicamente igual pexado o despexado,lo k si es mas complicado k salte los muros y asi evito k entren a pastar.Despues de lo k he dicho ustedes " los defensores de los animales" me pondreis a caldo pero me da igual.Hablan ustedes sin saber el gasto económico k a nosotros ganaderos nos suponen los caballos:gastamos en gasoil,sin pararnos a pensar aceite,ruedas,....para vijilarlos,gastamos en pagar multas cuando entran a pastar,gastamos en saneamientos,desparasitaciones,y ya sin contar nuestro tiempo xq nosotros tambien tenemos una vida privada...pero todo lo hacemos de lindo gusto saben xq?Xq nosotros tambien amamos a los animales tanto o mas k ustedes.Mi bisabuelo tenia caballos,mi abuelo tambien,mi padre y yo...y kiero k mi hijo los tenga y kiero k cuando pasen muchos años mis tataranietos puedan ir a disfrutar de la naturaleza y como no del animal más bonito k existe EL CABALLO.Con esto kiero dejar una reflexión: Que prefieren ustedes un caballo pexado o un caballo con un tiro k alguien le dio x entrar a una finca?? Que es lo q buscan?? Terminar con todo??Xq casi ya lo han logrado casi ya pueden salir a caminar trankilos x el monte, un monte donde no habra ningun animal,xq ustedes no aman a los animales ustedes kieren terminar con ellos. Firmado:
Geronimo Gonzalez Gonzalez

Se cadra, a Xunta non debería multar ou controlar só, senón tamén implementar medidas para evitar que os cabalos morran fusilados polos donos das veigas (que, para nós, é un delito moito máis grande ca pexalos) e os gandeiros non padezan un dobre ataque: A Xunta e os propietarios das veigas.

U-las as asociacións de criadores a defender os seus gandeiros, a fomentar a cría cabalar e pensar nun futuro? Se cadra, están demasiado ocupadas en rivalizar en parvadas e en obviar problemas que as afectan de forma crucial. De todas formas, deberían pensar que, se non hai cabalos, tampouco fan falla elas. De seguro, que son menos necesarias elas ca os cabalos e, de certo, que antes ca os animais, desaparecen as asociacións. É como se gardasen silencio cando hai que falar, como se traballasen para a Administración e non para os criadores. É unha lástima, a verdade.

domingo, 26 de outubro de 2014

O VÍDEO DE XANK PENABELLA SOBRE O PRG XA SUPEROU AS 600 VISITAS EN MENOS DUN ANO



Animamos dende aquí a que os criadores e afeccionados ou simpatizantes do PRG suban vídeos caseiros dos seus cabalos e fotografías á rede porque cremos que axudan a visualizar a raza e a promocionala. Tamén poden enviárnolos ao contacto do blog que os subimos.

xoves, 23 de outubro de 2014

luns, 20 de outubro de 2014

FOTOS DE TODOS OS CABALOS QUE GAÑARON ALGUNHA VEZ O CAMPIONATO OFICIAL

Silleiro

 Doniños

Ermitaño

Vilariño
 Artes

Zapateiro

Colmenero

Jalisco

 Mouro do Couto

RESULTADOS FINAIS DA COPA GALICIA PRG

Pódenos consultar premendo aquí: http://feagas.com/index.php/es/noticias-feagas/noticias-por-sectores/22607-jalisco#.VEWTu1f0dBs Parabéns aos galardoados!!!!

A VALGA ESTREA SINALÉCTICA!

A Deputacion de Pontevedra sinaliza áreas de cabalos en semiliberdade na zona do curro da Valga nos montes de Santa María de Oia.

Esta sinaléctica solicitouna a Asociacion de Gandeiros do curro da Valga (asesorada por Puraga, que os informou deste tipo de sinais).


Trátase dun paso adiante na xestión e na CONVIVENCIA NECESARIA entre os animais en estado de semiliberdade e os seres humanos que ten que fomentar o goberno e NON CULPABILIZAR AS VÍTIMAS DOS ACCIDENTES que son os pobres animais. Suponse que os seres humanos somos superiores en intelixencia ou na capacidade de ter raciocinio e sentido común.


Necesitamos os cabalos para manter a nosa biodiversidade e xestionar o monte dun xeito ecolóxico e saudable. Ademais, forman parte das nosas paisaxes, da nosa cultura, de nós!


 

xoves, 9 de outubro de 2014

DÚAS NOTAS ACLARATORIAS PARA OS LECTORES

Estes días puxerónse en contacto con nós as dúas asociacións que traballan a prol do cabalo PRG sobre a "polémica" que está a xerar a entrada que puxemos sobre os impagos e a final da Copa Galicia. Unha para pagar o que debía (iso si, non sabemos se cobraron todos os criadores premiados) e a outra porque recibiu chamadas do Concello de Mondoñedo pensando que foran eles ou que tiñan unha vinculación especial cos xestores deste blog para modificar a entreda e que non lles afectase na participación da final. Por este motivo, gustaríanos aclarar dúas cuestións:

-Este blog naceu única e exclusivamente para difundir, de xeito particular e altruista (nós si que é verdade que non cobramos un céntimo por facer isto e si que somos afeccionados reais ao mundo do PRG), as novas que atinxen ao PRG sen ningún tipo de manipulación por parte das asociacións nin doutra institución. Un lector constante deste blog pode comprobar que hai críticas para ambas asociacións. Gusten ou non pero para as dúas sen ningún tipo de censura. Críticas que pretenden ser construtivas e non destrutivas.

-Cando publicamos esa entrada, non queriamos facer o máis mínimo dano ao Concello de Mondoñedo que é un dos maiores contribuíntes para esta raza de cabalos nin tampouco á Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Agora ben, só queriamos poñer de manifesto a incómoda situación dos criadores, que deixan o seu diñeiro na estrada e no coidado dos seus animais, polos impagos que houbo durante todo o ano e, ao mesmo tempo, alertar os colaboradores da asociación do que estaban a facer e do prexuízo que estaban ou están a crear. Só queremos que as cousas se fagan como hai que facelas.

Asemade, tamén nos gustaría aclarar que, ao pouco que sabemos como funciona internamente, a Asociación de Criadores de Cabalos PRG (Puraga) non lles regala os premios aos "amigos" senón que é o xuíz que emite a súa libre valoración. Neste aspecto, a esta asociación, os criadores teñen pouco que reprocharlle e demóstrano no nivel de participación dos seus concursos. Comentamos isto porque tamén nos chegaron comentarios de que hai favoritismos entre o director técnico da asociación e os criadores que xestionamos este blog. Son comentarios que non sabemos ben de onde saíron aínda que podemos sospeitalo. Agora ben, cada quen é libre de pensar o que queira. Nós tamén! Ademais, non queremos entrar en guerras absurdas entre persoas que pretendemos defender e fomentar o mesmo.

Para rematar, gustaríanos poñer de manifesto, non de que nos alegramos, pero si de que todo isto tivese esta transcendencia. Só así puidemos comprobar a importancia que pode ter este blog e o noso traballo para o PRG. Grazas a todos os que nos ledes e credes en nós!!! PRG Sempre!

martes, 7 de outubro de 2014

O DÍA DO PILAR, CONCURSO EN SAN BREIXO, NO CONCELLO DE TOURO

O domingo día 12, realizarase o penúltimo concurso do ano puntuable para a copa no marco da Festa de San Breixo en Touro (A Coruña).

domingo, 5 de outubro de 2014

CHEGA A FINAL DA COPA E OS CRIADORES AÍNDA NON COBRARON NIN O PRIMEIRO PREMIO

O sábado día 18 de outubro, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego, da que é director técnico, secretario, tesoureiro, vogal e non sabemos cantas cousas máis o célebre actor e presentador Xacobo Pérez Paz (Jacobo PP), organizará a final da Copa Galicia de cabalos e eguas de pura raza galega (ou incluso algúns cruzados con outras razas) no marco da feira das San Lucas en Mondoñedo na que haberá un total de premios que suman 7000 euros. Unha cantidade que faría auga na boca aos criadores se se pagase. Agora ben, hai criadores aos que aínda non lles ingresaron os premios de concursos como a Semana Santa en Padrón ou a Feira de San Marcos en Noia nas que se contaba cunha previsión semellante na cantidade económica dos premios.

Nos últimos anos, os cabalos gañadores sempre foron os da propia asociación algo que parece moi moi sospeitoso e, cando non foi a asociación, foi sempre un criador que resulta ser un amigo moi especial do mencionado director técnico.

A verdade, amólanos moito publicar cousas coma estas pero tamén nos fastidia que este tipo de xente se ría dos criadores. Sinceramente, non debería de presentárselle ninguén nos concursos.

martes, 16 de setembro de 2014

O CONVENIO DE CESIÓN DE CABALOS E EGUAS PRG COMEZA A DAR RESULTADOS EXCEPCIONAIS

O convenio que Puraga e a Xunta desenvolven dende hai uns 5 anos comeza a amosar os seus primeiros resultados que, ao parecer, son excepcionais.

Hai un tempo, falámoslles de Maruxa, unha que collía en cesión o Club Hípico Char de Ponteareas. Hoxe enorgullécenos presentarlles os resultados que está a lograr e unhas imaxes que falan por si soas.

MOITO ÁNIMO E MOITA SORTE!!!!





CAMPIONATO GALEGO DE SALTO DE OBSTÁCULOS 2014
XOVES - 04/SETEMBRO/2014
PROBAS COMPLEMENTARIAS
PONI B2
NÚM    CABALO                         XINETE                                      CLUB                      Puntos      Tempo
1      MARUXA                         Campos Cora, Lucía                  TEAM CASADEVALL            4                  51,82
2      PERLIET DE GEEN            Fernández Marcos, Cristina       EL ALAZAN                         4                  61,59
-       MARUXA                         Guijarro Grela, Silvia                  TEAM CASADEVALL           NP
-       AIUCA Z                          Senra Fernández, Elena            C.H. Haras de Compostela   NP
-       WENDI BOY                    Tapias Fernández, Olivia            EL ALAZAN                          NP


CAMPIONATO GALEGO DE SALTO DE OBSTÁCULOS 2014
VENRES - 05/SETEMBRO/2014
PROBAS COMPLEMENTARIAS
PONI B2 ACUM.
NÚM        CABALO                  XINETE                                     CLUB                 Puntos       Tempo     CRIT.
1         MARUXA                   Campos Cora, Lucía                TEAM CASADEVALL         0                  60,81         4
2         PERLIET DE GEEN  Fernández Marcos, Cristina     EL ALAZAN                           0                  65,13         4
3         BENDI BOY              Tapias Fernández, Olivia         EL ALAZAN                         0                   73,70         24
4         MARUXA                   Guijarro Grela, Silvia               TEAM CASADEVALL         4                   62,14         28
5         AIUCA Z                    Senra Fernández, Elena        C.H. Haras de Compostela 10               122,46         34


CAMPIONATO GALEGO DE SALTO DE OBSTÁCULOS 2014
SÁBADO - 06/SETEMBRO/2014
PROBAS COMPLEMENTARIAS
PONI C ACUM.
NÚM     CABALO                           XINETE                                         CLUB                  Puntos     Tempo      CAMP.
1       MARUXA                          Guijarro Grela, Silvia                     TEAM CASADEVALL        0                 42,73         28
2       PERLIET DE GEEN           Fernández Marcos, Cristina          EL ALAZAN                        0                44,82          4
3       BENDI BOY                     Tapias Fernández, Olivia                EL ALAZAN                       0                 49,13         24
4       MARUXA                          Campos Cora, Lucía                     TEAM CASADEVALL        4                 55,67          8
5       AIUCA Z                           Senra Fernández, Elena               C.H. Haras de Compostela 4                70,76          38

xoves, 4 de setembro de 2014

ASEMBLEA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE PURAGA, O 20 EN MURAS

Achegámoslles a convocatoria. É unha mágoa que a xunta directiva non recapacite e non a faga nun lugar máis céntrico como en Boqueixón onde hai salas de reunión e unhas instalacións de luxo para estes eventos e, ademais, lugar no que a asociación ten os seus animais e a súa sede actual.



martes, 26 de agosto de 2014

DÚAS NOTICIAS DA TVE SOBRE CABALOS EN GALICIA E SOBRE CABALOS PRG

Podedes ver aquí dúas noticias que apareceron estes días no informativo do mediodía que falan sobre os nosos cabalos:

Telexornal-Galicia - 26/08/14

A partir do minuto 20 e do segundo 20 ata o 25.15. O Centro Hípico de Cartelle que ten 5 cabalos PRG cedidos por Puraga.

On Off: Rapa das bestas

xoves, 17 de xullo de 2014

O 3 DE AGOSTO VOLVE A COPA, AÍNDA QUE UN POUCO MÁIS DESCAFEINADA

O vindeiro 3 de agosto volverán as probas da Copa Galicia no marco da Festa do Cabalo de Teixeiro, Curtis. Mais farano dun xeito descafeinado xa que os criadores que obtiveron premios nas anteriores edicións do 2014, a saber, en abril e xuño, aínda non cobraron nin un céntimo dos seus galardóns.

sábado, 14 de xuño de 2014

MOURO DO COUTO E LEIXA, OS MELLORES DA SEMANA VERDE

Mouro do Couto, un semental de capa negra e fillo dun xa coñecido campión de nome Vilariño (cabalo que podedes ver na portada deste blog), e Leixa, unha egua que este ano despunta nos mellores postos da Copa Galicia PRG (consulta AQUÍ), gañan as respectivas categorías de machos e femias no concurso morfolóxico oficial da Semana Verde de Silleda.

18 exemplares víronse as caras e un alto nivel xenético e estético presenciaron o certame.

Podedes consultar AQUÍ a nova no Faro de Vigo.

Cando teñamos o resto da clasificación, subirémola.


xoves, 12 de xuño de 2014

ACTIVIDADES CON PRG NA SEMANA VERDE


Expoñemos, a continuación, as actividades e os horarios que se lle dedican ao PRG no marco da Semana Verde de Silleda que se celebrará entre hoxe e o domingo 15 de xuño:

Xoves:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.


Venres:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.
-Exhibición práctica sobre a manexabilidade e a mente do cabalo PRG. Parámetros da etoloxía equina. Ás 17.00 no ring do Pavillón 3.

Sábado:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.
-Concurso morfolóxico oficial PRG. A partir das 12.00.
-Campionato de aloitadores con PRG. Ás 17.00 no ring do Pavillón 3.
-Festival ecuestre Galicia cabalga. Das 20.00 ás 22.00.

Domingo:
-Exposición permanente de exemplares da Asociación de Criadores de Cabalos PRG, Puraga. Pavillón 3.
-Exposición permanente de exemplares da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pavillón 3.
-Showcooking de carne de poldro galego. De 11.45 a 12.30.
-Festival ecuestre: Galicia, un soño a cabalo. Entre as 13.00 ás 14.00.
-Campionato de aloitadores con PRG. Ás 17.00 no ring do Pavillón 3.

Outras actividades nas que pode aparecer:

-Xornadas técnicas sobre as razas autóctonas en perigo de extinción. Todos os días, mañá e tarde.
-Poni Club. Sábado e domingo de 11.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00.
-Competición de andadura galega. Sábado a partir das 12.00 e das 16.30 na rúa posterior das gradas do ring principal.

Se queredes consultar todo o programa, pinchade AQUÍ.

venres, 30 de maio de 2014

XA TEMOS DATA EXACTA PARA A SEMANA VERDE

A 15 días do único concurso oficial do que se compón actualmente o Campionato Morfolóxico de Cabalos e Eguas PRG, Puraga enviounos hoxe os detalles do certame. Esta é a información que nos enviou o director técnico da asociación:

O concurso queda confirmado para o sábado 14 ás 12:00 da mañá.

Os premios son os seguintes: 
1º PREMIO 150 EUROS
2º PREMIO 125 EUROS
3º PREMIO 100 EUROS
4º PREMIO 75 EUROS
5º PREMIO 50 EUROS
6º PREMIO 25 EUROS

Para machos e femias. É dicir, 6 premios para os machos e 6 para as femias.

Despois un trofeo (placa) para os tres primeiros e unha escarapela.

Ánimo e moita sorte para todos os criadores participantes.

Ah, agardamos que o xuíz deste ano teña máis criterio ca o do ano pasado, que botou unha hora xulgando as eguas e 10 min os cabalos por pasarse do tempo establecido para o concurso no marco da feira. Asemade, esperemos que o presidente de Puraga non faga comentarios desafortunados dende a banda como fixo hai dous anos incidindo nas valoracións do xuíz. Seríalle mellor que fixese el mesmo de xuíz ca que faga cousiñas feas destas e deixe xulgar os xuíces ao seu criterio, para iso son os xuíces oficiais. Iso si, se fai de xuíz, sen cobrar un peso, que xa ha comer bastante á conta dos criadores ;).

mércores, 7 de maio de 2014

CALENDARIO COMPLETO DA ASOCIACIÓN PURA RAZA CABALO GALEGO PARA O 2014

C= concursos morfolóxicos ; AG= andadura galega; EE= Enganches; ME= mostra e exposición; DAE= doma de alta escola

DÍA MES LUGAR DE REALIZACIÓN

13-14-15 marzo
Gandagro (Recinto Feira Internacional Semana Verde de Galicia)
Lugar.- Recinto Feira Internacional de Galicia (Silleda) Pontevedra
ME

20 abril
Feira Cabalar da Pascua de Padrón
Lugar.- Campo da Barca (Padrón) A Coruña
C; AG; ME;
DAE 

25 abril
Feira Cabalar de San Marcos
Lugar.- Recinto Feiral (Noia) A Coruña
C; AG; ME;
DAE
 
28 abril
Feira Cabalar do “San Telmo”
Lugar.- Recinto Feira Cabalar (Tui) Pontevedra
ME

24 maio
Exhibicion Ecuestre Festas Patronáis de Sta. Rita
Lugar.- Explanada TIR (Vilagarcía de Arousa) Pontevedra
ME

29 maio
Feira Cabalar da “Ascensión”
Lugar.- Mercado Nacional de Gando de Santiago de Compostela (A Coruña)
C; AG; ME; EE

6-7-8 xuño
Equigal “Salón do Cabalo de Galicia”
Lugar.- Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Lugo)
C ; ME ; AG;
DAE 

12-13-14-15 xuño
37ª Feira Internacional de “Semana Verde de Galicia”
Lugar.- Recinto Feira Internacional de Galicia – Silleda (Pontevedra)
C; ME; AG

3 agosto
Festa Cabalar de Teixeiro
Lugar.- Campo da Feira de Teixeiro – Curtis (A Coruña)
C; ME; AG;
DAE
 

13 setembro
“Equiouro” Salón do Cabalo da Mariña Lucencse no Valadouro
Lugar.- Pistas de Andadura do concello de Ferreira do Valadouro (Lugo)
C; ME; AG;
DAE
 

3-4-5 outubro
“Expolugo” Feira Multisectorial de Lugo
Lugar.- Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Lugo)
C; ME

12 outubro
Festa do San Breixo
Lugar.- San Breixo, Concello de Touro (A Coruña)
C; ME;
DAE 

19 outubro
Feira Cabalar de “As San Lucas”
Lugar.- Campo dos Paxariños
C; ME; AG;
DAE

sábado, 26 de abril de 2014

QUENTANDO MOTORES PARA A SEMANA VERDE DE SILLEDA

Como xa é máis ca habitual, Silleda estase a converter (se non o é xa) no certame máis importante para os criadores de cabalos de Pura Raza Galega. A boa organización, a práctica imparcialidade dos xuíces no xulgamento dos cabalos e o valor económico e prestixioso dos premios confírenlle as cinco estrelas de máximo valor.

A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) vén de comunicar e confirmar que este ano, a pesar da crise e dos tesoirazos dos recortes, volverá a haber concurso. Iso si, aínda non está fixado nin o día nin a hora pero xa avisarán. Iso si, será entre o 12 e o 15 de xuño. Preme AQUÍ para consultar a información da Semana Verde.

Aquí van as fotos dos gañadores do ano pasado: Perla de José María Costa Blanco e Jalisco de Marcelino Freire Abad

venres, 25 de abril de 2014

A COPA, COMA SEMPRE, NO CAMIÑO DO DESCRÉDITO (SE AÍNDA LLE QUEDA ALGO)


A Asociación Pura Raza Cabalo Galego segue incluíndo animais que non pertencen á raza nos seus concursos. É certo que a Xunta sacoulle á oficialidade aos seus certames, mais así non cremos que a recuperen. Tanto en Padrón coma en Noia, nas dúas primeiras probas puntuables para o dito campionato, admitiron dúas eguas sen pasaporte de pureza racial. Pode que sexa pola escaseza de cabalos que se veñen presentando aos seus concursos xa que só dous, como moito tres, criadores seguen de forma continuada esta competición.

Dende que esta asociación botou a andar estes concursos, o descenso do número de participantes foi a pique e non por motivo da crise económica. De 9 ou 10 criadores que se presentaban aló polo ano 2005, pasouse a 2.

Asemade, segue presentando cabalos da propia asociación e levando premios de forma inxusta. É certo que capou a un bo número de exemplares e agora só presenta un pero no concurso de Noia incluso premiou un cabalo co rabo abrancazado cando o prototipo racial di claramente que as despigmentacións de capa penalizan ou incluso son motivo de total exclusión na raza. Na entrega de premios, o premio foi recollido cun cabalo totalmente distinto e xa non se notou o problema.

Por outra banda, fai exhibicións de doma con dous cabalos que teñen o rabo medio branco. Por favor, aínda que estean castrados e non crien con eles, que llelos corten.

Xa que logo, cremos que esta situación de "abuso de poder" ou de "promocionar unha raza de forma fraudulenta e a calquera prezo" debería de ser tida en conta polas administracións que subvencionan toda esta falsa parafernalia que, no canto de fomentar, desvirtúa todo o traballo serio que se pode facer.

Por último, botamos en falta que a Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga), que é a única entidade recoñecida oficialmente como xestora do Libro de Rexistro Xenealóxico para o Cabalo de Pura Raza Galega, non tome cartas no asunto e denuncie ou xestione esta situación.

xoves, 24 de abril de 2014

EXHIBICIÓNS DE DOMA, MAÑÁ NO SAN MARCOS DE NOIA (DÍA 25 DE ABRIL) E O LUNS NO SAN TELMO DE TUI (28 DE ABRIL)

A sección de doma de alta escola da Asociación Pura Raza Cabalo Galego actuará mañá en Noia e o luns en Tui con distintas acrobacias que deixarán o público encantado.


mércores, 16 de abril de 2014

PRG DE CHOCOLATE EN SEMANA SANTA

O mestre confeiteiro Jesús Veiga elaborou esta obra de arte sen saber que son cabalos PRG pola súa fermosura e pola súa emblematicidade. Podedes ampliar a noticia AQUÍ.


Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.