CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

luns, 20 de xaneiro de 2014

DO 13 AO 15 DE MARZO, GANDAGRO

Este ano chega á súa terceira edición e incluirá, como xa vén sendo habitual, stands das asociacións de criadores de cabalos PRG.

Para máis info na WEB ou en FACEBOOK.


martes, 14 de xaneiro de 2014

NOVA REPORTAXE SOBRE A CARNE DE POLDRO GALEGO

Podedes consultar AQUÍ a reportaxe do programa Labranza da TVG na que se fala sobre o tema. Comeza exactamente no mínuto 14.05 despois de falar da planta de biogás de Lalín.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

DÚAS NOVAS LIGAZÓNS DE INTERESE

Na marxe dereita, no apartado de ligazóns de interese, atoparedes dúas nova ligazón que vos levan aos facebook de Puraga e Cabalo Galego Alí atoparedes outras noticias, entrevistas, eventos... de interese sobre o PRG.


mércores, 8 de xaneiro de 2014

NOVA MARCA NO MERCADO: POLDRO GALEGO

Puraga quere promocionar unha nova marca con selo de calidade: POLDRO GALEGO. Poderedes consultar a noticia AQUÍ. Agora ben, na noticia din que os galegos teñen prexuízos de cara a consumir carne de cabalo pero a propia asociación tenos de cara a usar a lingua propia na denominación da marca (POTRO GALLEGO). "Non vaia ser que non se entenda". A autoestima e o valor está en valorar todo o noso, non só parte.

venres, 3 de xaneiro de 2014

O 2014 SERÁ O ANO DO CABALO NO HORÓSCOPO CHINÉS

Este ano parece que será moi positivo para estes fermosos, temperamentais, valentes e aventurosos animais. Tamén o será para o PRG. Máis info AQUÍ.



Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.