Xa non é a primeira vez que isto acontece, que A Asociación Pura Raza Cabalo Galego critique os criadores que non están conformes co seu modus operandi. Centos de criadores levan abandonado a asociación por tratos semellantes. Pero é que agora fíxoo de forma foribunda, desacertada e desafortunada publicamente no seu facebook a un criador por facer críticas dos concursos morfolóxicos da dita asociación e por reclamar os pagamentos dos concursos que levavan case un ano de demora. E todo iso por confundilo con outra persoa que opinou no seu facebook denunciando cousas parecidas ás que denunciaba este outro criador. Acúsano de "mal perdedor" e de "ir aos concursos só polo interés económico".
Tanto o criador coma o falan da inxustiza que conleva que a propia asociación incumpre o seu propio regulamento na maioría dos puntos. O máis importante é no que di que os xuíces non poden ter relación manifesta cos participantes nin parentesco e a propia asociación concursa cos seus cabalos poñendo como xuíces ao irmán do director-técnico, ao veterinario da asociación, ao presidente, etc.
Esta asociación, que nun principio era unha asociación de criadores, agora xa non funciona como tal senón que é unha empresa privada sostida con fondos públicos. Por este motivo, tanto as Deputacións como a Xunta de Galicia deberían vixiar este tipo de fraudes e de tratos, sobre todo, nesta época política na que se quere facer limpeza de todo tipo de fraude económico e incluso tiranía persoal.