CARACTERÍSTICAS DO PRG

CARACTERÍSTICAS DO PRG

luns, 31 de marzo de 2014

CONCURSO MORFOLÓXICO PUNTUABLE PARA A COPA GALICIA, O 25 DE ABRIL EN NOIA

A Asociación Pura Raza Cabalo Galego realizará o primeiro concurso puntuable para a Copa Galicia na Feira de San Marcos de Noia a partir das 10.00 da mañá. Agardamos que non haxa "mangoneo" nos premios e que só participen cabalos PRG, dúas cuestións que afectan gravemente a esta asociación organizadora e que teñen apartados desta competición a moitos criadores.


mércores, 26 de marzo de 2014

PARA OS QUE QUEIRAN LEVAR UNHA CAMISOLA DE PURA RAZA GALEGA

Atopamos na rede estas tres sitios web con camisolas que, aínda non todas teñen a imaxe dun cabalo PRG, si que poden axudar a quen goza con esta raza levándoa como distintivo na súa vestimenta. Tedes tamén a das rapas das bestas e outras razas autóctonas para os vosos pequenos e pequenas: cachena, can de palleiro, porco celta... Agardamos que sexan do voso agrado.

http://www.latostadora.com/gabandello/galego_pura_raza/478244
http://www.nikisgalicia.com/
http://www.reizentolo.es/es/camisetas-hombre.html


http://www.latostadora.com/gabandello/galego_pura_raza/478244http://www.latostadora.com/gabandello/galego_pura_raza/455697



http://www.nikisgalicia.com/ga/prod/2/bebe-e-neno/p03052742/vaca-cachena#.UzNT0ah5O9Vhttp://www.nikisgalicia.com/ga/prod/2/bebe-e-neno/p03025743/can-de-palleiro#.UzNVW6h5O9U http://www.nikisgalicia.com/ga/prod/2/bebe-e-neno/p03052742/vaca-cachena#.UzNT0ah5O9V

http://www.reizentolo.es/es/camisetas-hombre/details/473/30/camisetas-hombre/camiseta-chico--rapa.html   http://www.reizentolo.es/es/camisetas-mujer/details/669/31/camisetas-mujer/camiseta-chica--rapa.html

xoves, 6 de marzo de 2014

UN ESTUDO REVELA QUE O NOSO CABALO É O NÚMERO 1 DA PENÍNSULA E O 19 DE TODO O MUNDO EN XENÉTICA ANDADORA

De novo, atopamos o PRG nun artigo de investigación, agora sobre as razas mundiais e a andadura. O sorprendente é ver como, das 141 razas de cabalos que analizan, o cabalo de pura raza galega está situado entre as 52 que desenvolven unha andadura de forma natural e xenética. E os máis sorprendente que estes investigadores atoparon foi que amosa unha frecuencia do alelo A dun 50% no que tan só é superado por outras 18 razas en todo o mundo.

Se o comparamos coas outras razas ibéricas, é a mellor con diferenza. Das 8 analizadas, só 3 posúen ese don. As outras dúas son o asturcón cunha frecuencia de alelo A dun 0.0 e o cabalo de pura raza española cun 1,1 e, tanto un coma o outro, con dubidosa probabilidade de encamiñar algunha andamento especial cómodo para o xinete.

Podedes consultalo aquí: http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/age.12120/pdf. Está escrito en inglés pero, para os que non leades esa lingua, podedes consultar igual a táboa 1 porque penso que non teredes moito problema para interpretala.

A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) foi a responsable de lles enviar todo o material necesario para este formidable traballo. Parabéns!!!

Aquí temos un bo exemplo do que certifica este estudo:

O CABALO GALEGO VOLVE APARECER NOUTRO ANUNCIO, AGORA DE REXONA

Podedes ver o anuncio nesta ligazón http://vimeo.com/85734052. Atoparédelos pastando no monte sobre o segundo 26.

martes, 4 de marzo de 2014

O PRG NUN NOVO ESTUDO DE INVESTIGACIÓN

No verán do 2013 defendía a súa tese Diego Conde Gómez co título VETERINARIA E MELLORA PECUARIA NA GALICIA CONTEMPORÁNEA. O PAPEL DE JUAN ROF CODINA. Nela, podemos atopar o cabalo galego entre as páxinas 437 e 442. Aquí: http://dspace.usc.es/handle/10347/9562 poderedes consultala en formato pdf.


Buscar neste blog

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

ARTES E AZABACHE DEMOSTRANDO A SÚA DOMA DE ALTA ESCOLA

BIBLIOGRAFÍA

Bongianni, Maurizio (1995): Guía das raças de cavalos. Lisboa, Editorial Presença.

Cabada Castro, Manuel (1992): A rapa das bestas de Sabucedo. Vigo, Ir Indo.

Caetano, Paulo (2011): Cavalos selvagens ibéricos. Lisboa, Bizâncio.

Carreiro, Pepe (2008): O cabalo galego. A Nosa Terra.

Checa Cortés, María Luisa (2005): Análisis de la variabilidad genética en razas equinas autóctonas españolas detectada mediante microsatélites. Tesis Doctoral.

Conde Gómez, Diego (2013): Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina. Santiago de Compostela, USC.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2002): Manual do criador. Xunta de Galicia.

Consellería do Medio Rural (inédito): Manual de formación en materia de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuniario.

García Fernández, Miguel (2009): Ferro ardendo. Documental 20'.

González Troncoso, Joaquín (2007): Nós, andadura. Federación Hípica Galega.

Groba Bouza, Fernando (2010): "A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Groba Bouza, Fernando (2011):"Onde hai eguas, poldros nacen. A realidade vista dende os equinos" en Cadernos de Fraseoloxía Galega 13. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Lagos Abarzuza, Laura (2013): Ecología del lobo (Canis lupus), del poni salvaje (Equus ferus atlanticus) y del ganado vacuno semiextensivo (Bos taurus) en Galicia: interacciones depredador-presa. Universidade de Santiago de Compostela.

López Bao, José Vicente et alii (2013): "Indirect Effects on Heathland Conservation and Wolf Persistence of Contradictory Policies that Threaten Traditional Free-Ranging Horse Husbandry." en Digital CSIC.

Moreda, Eva (2009): O país das bestas. Biblos.

Moure, Gonzalo (2008): Son un cabalo. Kalandraka.

Pomerová, M. et alii (2014): "Worldwide frequency distribution of the 'Gait keeper' mutatio in the DMRT3 gene" en Stichting International Foundation for Animal Genetics, 45, páxs. 274-282.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 251-258.

Pose Nieto, H. et alii (2001): "La conservación de los recursos genéticos animales en peligro de extinción de Galicia" en Archivos de zootecnia, vol. 50, núm. 189-190, páxs. 279-290.

Pose Nieto, H. (2003): Guía dos curros de Galicia. Vigo, Xerais.

Pose Nieto, H. e Vázquez Varela, J.M. (2005): "Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo: los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España" en MUNIBE (Antropología-Arkeología) 57, Homenaje a Jesús Altuna. San Sebastián.

Ripalda, Xosé Lois (2004): O cabalo ceibe. Vigo, Ir Indo.

Santamarina Pernas, Germán; Prieto Montaña, Felipe e Benedito Castellote, José Luís (1994): El poni gallego. Hematología y bioquímica sanguínea. Lugo, Diputación provincial de Lugo.

Teniente, Xavier e Guillermo, Xosé (2009): Cabalos de vento. Curros de pedra. Vigo, Xerais.

VV.AA. (2001): Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. Xunta de Galicia.

Zunzunegui Costas, Salvador: Os Alfaraces da Limia.