Se o comparamos coas outras razas ibéricas, é a mellor con diferenza. Das 8 analizadas, só 3 posúen ese don. As outras dúas son o asturcón cunha frecuencia de alelo A dun 0.0 e o cabalo de pura raza española cun 1,1 e, tanto un coma o outro, con dubidosa probabilidade de encamiñar algunha andamento especial cómodo para o xinete.
Podedes consultalo aquí: http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/age.12120/pdf. Está escrito en inglés pero, para os que non leades esa lingua, podedes consultar igual a táboa 1 porque penso que non teredes moito problema para interpretala.
A Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) foi a responsable de lles enviar todo o material necesario para este formidable traballo. Parabéns!!!
Aquí temos un bo exemplo do que certifica este estudo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario